Unión Internacional para a Conservación da Natureza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «IUCN»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unión Internacional para a Conservación da Natureza
IUCN logo.svg
IUCN-Headquarters.jpg
Tipoorganización non gobernamental internacional
Data de fundación18 de outubro de 1948
Nº de empregados1.100
Organización subsidiariaLarge Carnivore Initiative for Europe
PremiosPremio Príncipe de Asturias da Concordia
SedeGland
EnGland
Na rede
https://www.iucn.org
Facebook: iucn.org Twitter: iucn LinkedIn: iucn Youtube: UCv8WrhXI7D8q53qZxzS8ihQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

  • Ia - Reserva Estrita da Natureza
Área de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.
  • Ib - Área Salvaxe
Grande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.
  • II - Parque Nacional
Área natural de terra e/ou mar, destinada a:
  1. protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;
  2. excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;
  3. fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.
  • III - Monumento Natural
Área contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.
  • IV - Área de Manexo de Hábitat/Especie
Área de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.
  • V - Paisaxe/Costa Protexida
Área de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.
  • VI - Área Protexida de Manexo de Recursos
Área que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]