Saltar ao contido

Ácaros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ácaro»)
Ácaros
Rango fósil: Devoniano inferior - actualidade
400 Ma - 0 Ma

Ixodes ricinus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Subclase: Acari
Leach, 1817
Superordes e Ordes
Orde Actinedida
Orde Astigmata
Orde Oribatida
Orde Trombidiformes
Orde Opilioacarida
Orde Holothyrida
Orde Ixodida
Orde Mesostigmata
Sinonimia
  • Acarina (inválido) [1]

A dos ácaros[2] (Acari ou, antigamente, Acarina), é unha subclase de artrópodos quelicerados pertencente á clase dos arácnidos (teñen, por iso, oito patas).

Existen preto de 150 especies no mundo enteiro. Os ácaros do po doméstico son visíbeis apenas ao microscopio e teñen un tamaño que varía entre 200 e 500 μm.

Existen varias familias, sendo as máis importantes a dos Pyroglyphidae (ácaros domésticos) e a dos Tyroglyphidae. As principais especies da primeira familia son a Dermatophagoides pteronysinus, Dermatophagoides farinae e o Euroglyphus maynei. As máis frecuentes da segunda familia son Acarus siro, Glyciphagus domesticus, Tyrophagus putrecentiae e Lepidoglyphus destructor. En climas quentes, atópase a Blomia tropicalis. A familia Sarcoptidae inclúe animais parasitos como a carracha.

Hábitat e reprodución

[editar | editar a fonte]

Nas habitacións, os ácaros aliméntanse de escamas de pel humana e de animais. Por día, o ser humano perde 1 g destes pedazos de pel. Os ácaros abundan nos colchóns, mantas, almofadas de plumas, tapetes, sofás e bonecos de peluche, desenvolvéndose en condicións óptimas de humidade superior a 70 a 80% e de temperatura superior a 20 °C. En altitudes superiores a 1.200 m, os ácaros deixan de ter boas condicións de vida. Por este motivo, a estadía en rexións montañosas pode conducir ao alivio de certas alerxias. Viven 2 a 3 meses, durante os cales procrean 1 a 2 veces, dando orixe a unha posta de 20 a 40 ovos. O período máis propicio para a procreación é a primavera e o outono.

Os excrementos dos ácaros e os ácaros mortos dispérsanse en poeira fina, sendo inhalados e podendo provocar alerxias.

Os alerxenos dos ácaros son ben coñecidos. Os antíxenos principais son Der p1 (D. pteronysinus), Der f1 (D. farinae) e Eur m1 (Euroglyphus maynei).

Para que se dea a sensibilización aos ácaros é necesaria unha taxa de antíxeno Der p1 superior ou igual a 2 microns por gramo de po doméstico. Calcúlase que a prevalencia da sensibilización aos ácaros na poboación xeral é de preto de 10 a 20%. Son os responsábeis da maioría dos casos de rinite e asma alérxica perenne, tendo tamén un papel importante na dermite atópica. Foron descritos algúns casos raros de anafilaxe despois de inxestión de alimentos contaminados por grandes cantidades de D. farinae (fariña, pizzas, peixe e legumes, entre outros).

Prevención

[editar | editar a fonte]

As medidas preventivas para evitar os ácaros domésticos reducen os síntomas clínicos e son o primeiro paso no tratamento de doentes alérxicos aos ácaros. Destas medidas fan parte:

  • limpeza diaria dos cuartos;
  • exposición ao ar e ao sol dos colchóns, edredóns e almofadas;
  • lavado frecuente a 60 °C dos colchóns, edredóns e almofadas;
  • aspiración regular e frecuente dos colchóns e tapetes con aspiradores provistos de filtros HEPA;
  • tratamento de colchóns e tapetes con acaricidas;
  • utilización de coberturas antiácaros de poliuretano nos colchóns, edredóns e almofadas;
  • evitar animais domésticos;
  • lavado semanal dos bonecos de peluche;
  • manutención dunha atmosfera seca no interior das habitacións (humidade relativa a 50 a 60 % e temperatura entre 18 e 20 °C);
  • control das medidas de prevención co Acarext test (R), o cal estima o número de ácaros existentes.

Non está demostrada a eficacia dos ionizadores e purificadores de ar, nin da ventilación mecánica.

A inmunoterapia específica con vacinas está indicada nos doentes sensibilizados cando os síntomas clínicos non son controlados coa prevención e co tratamento farmacolóxico dos síntomas.

Acaricidas

[editar | editar a fonte]

Son substancias químicas, non tóxicas para o ser humano, con capacidade para eliminar os ácaros domésticos. Ver Binapacril.

Acarex test

[editar | editar a fonte]

É un test que permite avaliar a concentración de ácaros no po dun ambiente. Baséase na determinación semicuantitativa, polo método colorimétrico, da guanina contida nas feces dos ácaros.

  1. Acarina no ITIS.
  2. ácaros no diconario da RAG.