Mário de Araújo Cabral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mario Araujo de Cabral»)
Infotaula de personaMário de Araújo Cabral
Biografía
Nacemento(pt) Mário Manuel Veloso de Araújo Cabral Editar o valor em Wikidata
15 de xaneiro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Cedofeita, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 2020 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Datos persoais
Outros nomesNicha Cabral Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Scuderia Centro Sud
-Derrington-Francis Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Mário Manuel Veloso de Araújo Cabral, tamén coñecido como Nicha Cabral nado en Cedofeita (Porto) o 15 de xaneiro de 1934 é un ex-ximnasta olímpico e expiloto de carreiras portugués. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato do Mundo (catro saídas), debutou o 23 de agosto de 1959. Non anotou puntos de campionato.

Historia[editar | editar a fonte]

Cabral considerábase un piloto excepcional no Portugal de finais dos anos 50[1] Competiu nos Grandes Premios de 1959 e no 1960 finalizando décimo e retirándose respectivamente.

No Gran Premio de 1959 no Circuíto de Monsanto, foi o responsable de causar o accidente no que o triplo campión do mundo Jack Brabham deu unha volta de campá da que saíu ileso, que deixou fóra da carreira ao futuro triplo campión do mundo. Chocou co australiano mentres estaba sendo dobrado, facendo que Brabham trompease e logo volcase ao bater contra un poste de telégrafo. Brabham foi lanzado do coche, aterrou no medio do circuíto, pero foi esquivado polos outros pilotos. Cabral terminou a carreira no 10º posto, a 4 voltas do gañador. Foi o primeiro piloto portugués en comezar unha carreira de Fórmula Un.

Cabral non tivo unha andaina nas carreiras a tempo completo pero pilotou para a Scuderia Centro Sud no Gran Premio de Pau de 1961. A súa carreira entón foi interrompida polo Servizo militar que pasou como paracaidista en Angola. Regresou á Fórmula Un con Centro Sud en 1963 e retirouse do Gran Premio de Alemaña. A súa andaina na Fórmula Un terminou cunha retirada do Gran Premio de Italia de 1964 nun Derrington-Francis-ATS.

Cabral resultou gravemente ferido no Gran Premio de Fórmula 2 de 1965 no Circuíto Rouen-Les-Essarts e estivo ausente da competición ata 1968 cando volveu á carreira deportiva e ocasionalmente á Fórmula Dúas antes de retirarse en 1975.

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1959 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati
4 en liña
MON 500 NED FRA GBR ALE POR
10
ITA USA NC 0
1960 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati
4 en liña
ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR
Ret
ITA USA NC 0
1963 Scuderia Centro Sud Cooper T60 Climax V8 MON BEL NED FRA GBR ALE
Ret
ITA
NSC
USA MEX RSA NC 0
1964 Derrington-Francis Racing Team Derrington-Francis ATS V8 MON NED BEL FRA GBR ALE AUT ITA
Ret
USA MEX NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 89. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

fontes