España Libre (Madrid)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

España Libre, foi un xornal que se editou en Madrid entre 1911 e 1915.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de la noche, apareceu o 15 de abril de 1911. De ideoloxía republicana veu substituír o periódico España Nueva logo de que a redacción se declarase en folga contra o xerente Arturo Soriano.[1] Fundado por Augusto Vivero Rodríguez de Tudela, que foi o seu primeiro director. Entre os seus redactores figuraron Ramón Martínez Sol, Antonio de la Villa, Manuel Lustres Rivas e Javier Montero Mejuto. Cesou a súa publicación en marzo de 1912.[2] Reapareceu como órgano de Melquíades Álvarez. Volveu editarse en 1913. Tiña como correspondente en Pontevedra a Pedro Chardonel Guiance.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Galicia, 25-3-1911, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 28-3-1912, p. 3.
  3. La Libertad, 10-6-1911, p. 3.