Darko Miličić
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Pivote/Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 20 de xuño de 1985 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 125 kg (275 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2001 |
Historial de equipos | |
KK Hemofarm (2001-2003) Detroit Pistons (2003-2006) Orlando Magic (2006-2007) Memphis Grizzlies (2007-2009) New York Knicks (2009-2010) Minnesota Timberwolves (2010-2012) Boston Celtics (2012) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2004) | |
Información en nba.com |
Darko Miličić, nado o 20 de xuño de 1985 en Novi Sad, Serbia, RFS Iugoslavia, é un xogador de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Miličić foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Detroit Pistons por detrás de LeBron James, e por delante de xogadores do nivel de Carmelo Anthony, Chris Bosh e Dwyane Wade. Porén, Miličić nunca recibiu moitos minutos de xogo nas dúas tempadas e media que estivo no equipo, así que foi traspasado aos Orlando Magic xunto ao base Carlos Arroyo a cambio de Kelvin Cato e unha elección de primeira rolda do Draft de 2007 (Rodney Stuckey).[1]
O 12 de xullo de 2007, o primeiro día de axencia libre, Miličić asinou cos Memphis Grizzlies un contrato de tres anos, por valor de 21 millóns de dólares.[2]
O 25 de xuño de 2009, Miličić foi traspasado aos New York Knicks a cambio de Quentin Richardson e diñeiro.[3] O 17 de decembro de 2009, dixo que a súa intención era deixar a NBA e volver ao baloncesto europeo na seguinte tempada.[4]
O 17 de febreiro de 2010, Miličić foi traspasado aos Minnesota Timberwolves a cambio de Brian Cardinal.[5] O 1 de xullo, os Timberwolves e Miličić acordaron unha ampliación de contrato por 4 anos e 20 millóns de dólares. O 12 de xullo de 2012, os Timberwolves aplicaron a cláusula de amnistía para cortar a Miličić.[6]
En setembro de 2012, Miličić asinou cos Boston Celtics.[7] O 21 de novembro de 2012, os Celtics cortaron a Miličić a petición do propio xogador, para atender uns asuntos persoais.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Press, Associated (2006-02-22). "Pistons get Cato, first-round pick for Darko, Arroyo". ESPN.
- ↑ Milicic, Grizzlies agree on three-year deal 11 de xullo de 2007
- ↑ "Knicks Trade For Former No. 2 Overall Pick Milicic". NBA.com. 2009-06-25. Consultado o 2009-06-28.
- ↑ Berman, Marc (2009-1217-25). "Darko plans European return as he can't get off Knicks bench". New York Post. Consultado o 2009-12-17.
- ↑ "Wolves Acquire Darko Milicic from New York". NBA.com. 2010-02-17. Consultado o 2010-02-18.
- ↑ "Wolves Waive Darko Milicic". NBA.com. 2012-07-12. Consultado o 2012-07-12.
- ↑ Celtics Sign Milicic
- ↑ Celtics Waive Milicic
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Nados en 1985
- Nados en Novi Sad
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto de Serbia
- Xogadores do KK Hemofarm
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Boston Celtics
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Pivotes de baloncesto