Luke Ridnour
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Base |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 13 de febreiro de 1981 (42 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 79 kg (175 lb) |
Salario | 4 320 000 $ (2013-14) |
Información da carreira | |
Instituto | Blaine |
Universidade | Oregon (2000–2003) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 14 Por Seattle SuperSonics |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Seattle SuperSonics (2003–2008) Milwaukee Bucks (2008–2010) Minnesota Timberwolves (2010–2013) Milwaukee Bucks (2013–2014) Charlotte Bobcats (2014) Orlando Magic (2014–2015) | |
Información en nba.com |
Lucas Robin "Luke" Ridnour, nado o 13 de febreiro de 1981 en Coeur d'Alene, Idaho, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Cunha altura de 1,88 m, xoga na posición de base. É fillo de Rob Ridnour, adestrador de baloncesto.
Carreira[editar | editar a fonte]
High School[editar | editar a fonte]
Co Instituto Blaine gañou dous campionatos estatais e foi nomeado All-American por McDonald's e Parade en 2000, o ano da súa gradación.
Universidade[editar | editar a fonte]
Ridnour asistiu á Universidade de Oregón, onde era a estrela do equipo. Compartiu vestiario con Luke Jackson, actual xogador da NBA, e guiou en dúas ocasións aos Ducks ao torneo da NCAA, incluído ao Elite 8 en 2002. Posúe a marca de máis asistencias de Oregón con 218 e conseguiu a marca de conferencia de máis tiros libres anotados consecutivos (62). Abandonou Oregón tras o seu ano júnior (terceiro), cando foi nomeado xogador do ano da Pacific Ten Conference. Tras o seu último partido cos Ducks, o pavillón enteiro coreoulle "un ano máis". A pesar diso, Ridnour declarouse elixible para o Draft da NBA.
NBA[editar | editar a fonte]
Foi seleccionado por Seattle SuperSonics na 14ª posición do Draft de 2003, xogando con moderación no seu primeiro ano na liga. En 2005 participou no Rookie Challenge e no Skills Challenge do All-Star Weekend. Na súa segunda tempada xogou os 82 partidos de liga, todos eles de titular, facendo 10 puntos e 5,9 asistencias. Nos seus dúas seguintes campañas superou os 11 puntos de anotación en media e as 5 asistencias, converténdose na base titular do equipo. O seu mellor partido en anotación chegou o 13 de novembro de 2006, anotando 32 puntos ante New Jersey Nets.
O 13 de agosto de 2008 foi traspasado a Milwaukee Bucks nun traspaso a tres bandas que enviaba a Maurice Williams a Cleveland Cavaliers e cinco xogadores a Oklahoma City Thunder.[1] O 21 de xullo de 2010 asinou un contrato cos Minnesota Timberwolves por catro anos e 16 millóns de dólares.
O 11 de xullo de 2013, os Bucks adquiriron de novo a Ridnour, nun traspaso entre tres equipos que levou a Kevin Martin dos Oklahoma City Thunder ós Minnesota Timberwolves.[2]
O 20 de febreiro de 2014, Ridnour foi traspasado ós Charlotte Bobcats xunto a Gary Neal a cambio de Ramon Sessions e Jeff Adrien.[3]
O 25 de xullo de 2014, Ridnour asinou cos Orlando Magic.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Desmond Mason, Luke Ridnour included in trade
- ↑ "Bucks Acquire Luke Ridnour in a Three Team Deal". NBA.com. 11 de xullo de 2013.
- ↑ "Bobcats Acquire Neal, Ridnour from Bucks in Exchange for Sessions, Adrien". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2014. Consultado o 02 de marzo de 2014.
- ↑ Magic Sign Luke Ridnour
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Luke Ridnour Arquivado 16 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1981
- Nados en Idaho
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Orlando Magic
- Bases de baloncesto