Kendrick Perkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kendrick Perkins
Kendrick Perkins.jpg
Axente libre
Pivote
Información persoal
Nacemento 10 de novembro de 1984 (32 anos)
Flag of Texas.svg Nederland, Texas
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 127 kg (280 lb)
Información da carreira
Instituto Clifton J. Ozen (Beaumont, Texas)
NBA Draft 2003 / Rolda: 1 / Elección: 27

Por Memphis Grizzlies

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Boston Celtics (2003–2011)
Oklahoma City Thunder (2011–2015)
Cleveland Cavaliers (2015)br>New Orleans Pelicans (2015–2016)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2008)
Información en nba.com

Kendrick La'Dale Perkins, nado o 10 de novembro de 1984 en Nederland, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse no instituto Clifton J. Ozen en Beaumont, Texas, en 2003. Durante a súa traxectoria no instituto liderou a Ozen High a conseguir catro campionatos de distritos consecutivos, ademais de un estatal. Conocíaselle coma Baby Shaq. En 2003, foi seleccionado para disputar o prestixioso All-American McDonald's.

En 2003, foi elixido no Draft da NBA de 2003 polos Memphis Grizzlies na posición 27ª, aínda que inmediatamente foi traspasado xunto con Marcus Banks a Boston a cambio de Troy Bell e Dahntay Jones. Gañou o anel de campión da NBA cos Boston Celtics na tempada 2007-08, ano no que fixo tamén as súas mellores medias ata entón, asinando 8.5 puntos, 8.1 rebotes e 2.0 tapóns por partido.

O 24 de febreiro de 2011, Perkins e Nate Robinson foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio de Jeff Green e Nenad Krstić. En 2012, Perkins chegou ás Finais da NBA cos Thunder, pero foron derrotados polos Miami Heat. O 19 de febreiro de 2015, Perkins foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre os Thunder, os Jazz e os Detroit Pistons.[1] Dous días máis tarde, foi cortado polos Jazz.[2]

O 24 de febreiro de 2015, Perkins asinou cos Cleveland Cavaliers.[3] Fixo o seu debut con Cleveland o día seguinte na vitoria contra os Detroit Pistons por 102-93. Perkins fixo dous puntos en dous minutos de xogo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Utah sends Kanter and Novak to Oklahoma City; Detroit also part of deal". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  2. "Jazz Waive Perkins". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015. 
  3. "Cavs Sign Kendrick Perkins". NBA.com. 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  4. Love hits 8 3-pointers, Cavaliers beat Pistons 102-93

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]