Keith Bogans
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 12 de maio de 1980 (42 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | DeMatha Catholic |
Universidade | Kentucky (1999–2003) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 2 / Elección: 43 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Orlando Magic (2003–2004) Charlotte Bobcats (2004–2006) Houston Rockets (2006) Orlando Magic (2006–2009) Milwaukee Bucks (2009) San Antonio Spurs (2009–2010) Chicago Bulls (2010–2011) New Jersey / Brooklyn Nets (2012–2013) Boston Celtics (2013–2014) | |
Información en nba.com |
Keith Ramon Bogans, nado o 12 de maio de 1980 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Orlando Magic[editar | editar a fonte]
Bogans foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Milwaukee Bucks, pero foi traspasado o mesmo día do Draft aos Orlando Magic. Bogans xogou de titular na metade dos partidos na súa tempada coma rookie, acadando 6.8 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias por partido.
Charlotte Bobcats[editar | editar a fonte]
Os Magic decidiron traspasar a Bogans aos Charlotte Bobcats a cambio de Brandon Hunter o 1 de novembro de 2004. Bogans continuou medrando coma xogador para os Bobcats na tempada 2004-05, sendo titular en 42 de 76 partidos, e facendo 9.6 puntos por encontro.
Houston Rockets[editar | editar a fonte]
O 9 de febreiro de 2006, Bogans foi traspasado aos Houston Rockets por Lonny Baxter. Coma curiosidade, Chuck Hayes e Gerald Fitch, antigos compañeiros de Bogans na Universidade de Kentucky, xunto a el mesmo, foron nalgún momento membros dos Rockets.
Segundo ciclo en Orlando[editar | editar a fonte]
Bogans asinou de novo cos Magic en xullo de 2006 coma axente libre.[1]
O 22 de novembro de 2008, Bogans, de titular no primeiro partido[2] da tempada 2008-09, mancouse na súa man no partido contra os Houston Rockets.[3] Perderíase entre 4-6 semanas de liga.[3] Con todo, recuperouse moito antes do previsto, o 3 de decembro,[4] e coma se esperaba,[5] volveu o 5 de decembro contra os Oklahoma City Thunder, anotando 9 puntos en 26 minutos.[6][7]
Milwaukee Bucks e San Antonio Spurs[editar | editar a fonte]
O 5 de febreiro de 2009, Bogans foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Tyronn Lue e diñeiro.[8][9]
Bogans asinou polos San Antonio Spurs en setembro de 2009.[10] Durante a tempada 2009-10 cos Spurs, Bogans anotou 17 puntos, a súa mellor marca da tempada contra os Minnesota Timberwolves o 13 de abril de 2010.[11]
Chicago Bulls[editar | editar a fonte]
Bogans fichou polos Chicago Bulls o 11 de agosto de 2010.[12] Durante a tempada regular 2010-11, Bogans foi titular para os Bulls, e acadou 4.4 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias.
O 15 de marzo de 2011, Bogans anotou 17 puntos, mellor marca da tempada, na vitoria contra os Washington Wizards para axudar aos Bulls a asegurar a primeira praza da Conferencia Leste.[13] Bogans ademais anotou 15 puntos no quinto partido na primeira rolda dos Playoffs contra os Indiana Pacers, onde os Bulls conseguiron o seu pase á segunda rolda.[14]
En decembro de 2011, foi cortado polos Bulls.
New Jersey / Brooklyn Nets[editar | editar a fonte]
O 1 de febreiro de 2012, os New Jersey Nets ficharon a Bogans. Tras unha lesión contra os Detroit Pistons o 8 de febreiro, foi cortado polos Nets uns días máis tarde,[15] pero asinou de novo con eles no verán de 2012.[16]
Boston Celtics[editar | editar a fonte]
Bogans foi renovado e traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.[17]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Magic Sign Free Agent Keith Bogans, Orlando Magic home page, 13 de xullo de 2006
- ↑ Yao has 22 points, 13 rebounds as Rockets snap Magic streak at five
- ↑ 3,0 3,1 Bogans, Magic's top reserve, to miss 4-6 weeks with broken thumb
- ↑ Howard leads Magic past Timberwolves 100-89
- ↑ Thunder-Magic Preview
- ↑ Thunder 89, Magic 98 - Box score
- ↑ "Hotbox Sports - Keith Bogans - Fantasy Basketball Profile". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ Magic acquire point guard Lue
- ↑ Stephens, Tim (2009-02-05). "Orlando Magic trade Keith Bogans for former Magic guard Tyronn Lue". Orlando Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-02-05.
- ↑ "Spurs sign Keith Bogans". ClutchFans (en inglés). Consultado o 2021-02-24.
- ↑ Spurs rout T-Wolves, avoid 8th seed in West on Yahoo! Sports; Weber, Paul (13 de abril de 2010)
- ↑ Bulls sign guard Keith Bogans
- ↑ Bulls win 7th straight, are alone atop East race on Yahoo! Sports (15 de marzo de 2011)
- ↑ Rose, Bulls eliminate Pacers, 116-89 on Yahoo! Sports (27 de abril de 2011)
- ↑ "Injury-plagued Nets sign F Andre Emmett to 10-day contract". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2012.
- ↑ "Brooklyn Nets sign Keith Bogans". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2012.
- ↑ "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". NBA.com. 12 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- ClutchFans.net Perfil Keith Bogans Arquivado 05 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía en Kentucky (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados en Washington, D.C.
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos San Antonio Spurs
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Boston Celtics