Women's National Basketball Association

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WNBA
Avery Warley at 2 August 2015 game.jpg
Fundación 24 de abril de 1996
Rexión Estados Unidos de América Estados Unidos
Presidente Laurel J. Richie
Equipos 12
Actual campión Minnesota Lynx (3º título)
Máis laureado Houston Comets (4 títulos)
Televisión ABC, ESPN, NBA TV
Lema Expect Great
Sitio web wnba.com

A Women's National Basketball Association (WNBA) é unha liga de baloncesto profesional feminina nos Estados Unidos. Actualmente está composta por 12 equipos. A liga foi fundada o 24 de abril de 1996, coma homóloga da National Basketball Association (NBA). Comezouse a xogar no ano 1997. Actualmente, a tempada regular xógase de xuño a setembro, coas Finais no mes de outubro.

Varios equipos da WNBA teñen o seu homólogo na NBA e xogan no mesmo pavillón. O Connecticut Sun, Seattle Storm e Tulsa Shock son os únicos equipos que non comparten nada con algún equipo NBA, a pesar de que as Seattle Storm compartiran cidade cos Seattle SuperSonics antes do seu traslado a Oklahoma City. Ademais deses tres equipos, o Chicago Sky é o outro único equipo que non comparte pavillón cun equipo da NBA. As catro franquías mencionadas anteriormente, xunto cos Atlanta Dream e os Los Angeles Sparks, teñen propietarios independentes. Esta independencia é moi importante para o crecemento da WNBA, xa que houbo un tempo onde todos os equipos da liga tiñan coma propietaria á NBA.

Draft da WNBA[editar | editar a fonte]

Cada primavera, o Draft da WNBA ten lugar en Bristol, Connecticut. De 2005 a 2008 tivo lugar na cidade na que se celebraba a Final Four feminina da NCAA. De 2009 a 2010 tivo lugar nas oficinas da liga en Secaucus, Nova Jersey. O Draft ten actualmente tres roldas, onde cada equipo ten tres eleccións, deixando aparte os traspasos. A orde do Draft para os equipos clasificados para os playoffs o ano anterior básase no record obtido. O equipo con maior record, elixe máis tarde. Para as primeiras catro posicións do Draft, o proceso que se usa é similar ó do Draft da NBA.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tras o descanso de inverno, os equipos comezan os adestramentos en maio. Os adestramentos permítenlles ao corpo técnico evaluar xogadoras (especialmente rookies), evalúan os puntos fortes e débiles do equipo, preparan ás xogadoras para a tempada regular e escollen ás 11 mulleres que estarán no equipo e empezarán a tempada regular. Tras os adestramentos, hai unha serie de partidos amigables. A tempada regular comeza en maio.

Durante a tempada regular, cada equipo xoga 34 partidos, 17 en casa e 17 fóra. Cada equipo xoga 4 veces contra tres equipos da súa conferencia (12 partidos), 5 veces contra dous equipos da súa conferencia (10 partidos), e 2 veces contra os seis equipos da outra conferencia (12 partidos). Igual que na NBA, cada equipo xoga na casa e visita a un equipo polo menos unha vez cada tempada.

All-Star Game da WNBA[editar | editar a fonte]

En xullo, a tempada regular tómase un respiro para celebrar o All-Star Game da WNBA. O partido forma parte dunha longa fin de semana de eventos, que ten lugar nunha cidade con equipo WNBA cada ano. O All-Star Game enfronta ás mellores xogadoras da Conferencia Oeste contra as mellores xogadores da Conferencia Leste. Durante a tempada, os fans votan ás xogadoras que queren que sexan titulares no partido.

Pouco despois do All-Star Game remata o prazo de traspasos. Despois deste día, os equipos non teñen permitido traspasar xogadores a outro equipo durante o resto da tempada, pero seguen podendo asinar e cortar xogadores.

Equipos[editar | editar a fonte]

Antigos equipos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]