División Sueste da NBA
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A División Sueste é unha división da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Está formada por cinco equipos os Atlanta Hawks, os Charlotte Bobcats, os Miami Heat, os Orlando Magic e os Washington Wizards.
A división foi creada ó comezo da tempada 2004-05, cando a liga aumentou o número de equipo de 29 a 30 coa chegada dos Charlotte Bobcats, e quedou con tres divisións en cada conferencia. A División Sueste comezou cos Hawks, os Bobcats, os Heat, os Magic e os Wizards.[1] Os Hawks chegaron da División Central, mentres que os Heat, os Magic e os Wizards uníronse dende a División Atlántico.
Dende a súa creación, só os Heat e os Magic gañaron algún título da División Sueste, ambos equipos do estado de Florida.
Equipos[editar | editar a fonte]
Campións da división[editar | editar a fonte]
Tempada | Equipo | Récord | Resultado en Playoffs |
---|---|---|---|
2004-05 | Miami Heat | 59–23 (.720) | Perderon Finais de Conferencia |
2005-06 | Miami Heat | 52–30 (.634) | Gañaron Finais da NBA |
2006-07 | Miami Heat | 44–38 (.537) | Perderon Primeira Rolda |
2007-08 | Orlando Magic | 52–30 (.634) | Perderon Semifinais de Conferencia |
2008-09 | Orlando Magic | 59–23 (.720) | Perderon Finais da NBA |
2009-10 | Orlando Magic | 59–23 (.720) | Perderon Finais de Conferencia |
2010-11 | Miami Heat | 58–24 (.707) | Perderon Finais da NBA |
2011-12 | Miami Heat | 46–20 (.697) | Gañaron Finais da NBA |
2012-13 | Miami Heat | 52–14 (.788) | - |
Títulos por equipo[editar | editar a fonte]
Equipo | Títulos | Tempadas |
---|---|---|
Miami Heat | 6 | 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2010-11, 2011-12, 2012-13 |
Orlando Magic | 3 | 2007-08, 2008-09, 2009-10 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Expansion Bobcats prompt change". ESPN.com. ESPN Internet Ventures. 17 de novembro de 2003. Consultado o 29 de maio de 2011.