Xogador Máis Deportivo da NBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Premio ao Xogador Máis Deportivo da NBA (NBA Sportsmanship Award ou Joe Dumars Trophy, por ser o primeiro gañador) é nomeado cada ano pola NBA dende 1996 ao jugador máis deportivo, de mellor conduta e máis honrado na pista. Este premio é comparábel ao Trofeo Lady Byng da NHL.

Cada ano, os 30 equipos da NBA nominan a un dos seus xogadores para competir polo galardón. Deses 30, 6 xogadores, un por división, son seleccionados por un grupo coma os Xogadores Máis Deportivos da división. Ao final da tempada regular, os xogadores da NBA realizan o seu voto; 11 puntos polo primeiro posto, 9 polo segundo, 7 polo terceiro, 5 polo cuarto, 3 polo quinto e un polo sexto. O xogador con maior suma de puntos totais, sen importar os votos de primeiro posto, é o gañador do premio. O vencedor recibe o Trofeo Joe Dumars, nomeado en honor ao ex-xogador de Detroit Pistons e gañador inaugural do premio.

Nos seus 12 anos de historia, só Grant Hill gañouno en máis dunha ocasión, mentres que dous equipos teñen a varios xogadores como gañadores deste trofeo (San Antonio Spurs tres veces e Seattle SuperSonics en dúas ocasións). Luol Deng é o único estranxeiro desta lista.

Lista de gañadores[editar | editar a fonte]

Xogador en activo
Elixido no Basketball Hall of Fame
Ray Allen gañou o premio na tempada 2003-04.
Grant Hill é o único que gañou tres veces o premio (en 2004-05, 2007-08, e 2009-10).
Tempada Xogador Nacionalidade Equipo
1995–96 Joe Dumars Estados Unidos de América Estados Unidos Detroit Pistons
1996–97 Terrell Brandon Estados Unidos de América Estados Unidos Cleveland Cavaliers
1997–98 Avery Johnson Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
1998–99 Hersey Hawkins Estados Unidos de América Estados Unidos Seattle SuperSonics
1999–00 Eric Snow Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
2000–01 David Robinson Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2001–02 Steve Smith Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2002–03 Ray Allen Estados Unidos de América Estados Unidos Seattle SuperSonics
2003–04 P.J. Brown Estados Unidos de América Estados Unidos New Orleans Hornets
2004–05 Grant Hill Estados Unidos de América Estados Unidos Orlando Magic
2005–06 Elton Brand Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Clippers
2006–07 Luol Deng Reino Unido Reino Unido Chicago Bulls
2007–08 Grant Hill (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Phoenix Suns
2008–09 Chauncey Billups Estados Unidos de América Estados Unidos Denver Nuggets
2009–10 Grant Hill (3) Estados Unidos de América Estados Unidos Phoenix Suns
2010–11 Stephen Curry Estados Unidos de América Estados Unidos Golden State Warriors
2011–12 Jason Kidd Estados Unidos de América Estados Unidos Dallas Mavericks
2012–13 Jason Kidd (2) Estados Unidos de América Estados Unidos New York Knicks
2013–14 Mike Conley Estados Unidos de América Estados Unidos Memphis Grizzlies
2014–15 Kyle Korver Estados Unidos de América Estados Unidos Atlanta Hawks
2015–16 Mike Conley (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Memphis Grizzlies
2016–17 Kemba Walker Estados Unidos de América Estados Unidos Charlotte Hornets
2017–18 Kemba Walker (2) Estados Unidos de América Estados Unidos Charlotte Hornets

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]