Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Fitch , nado o 19 de maio de 1934 en Davenport , Iowa , é un ex-adestrador profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA). Foi incluído entre os "dez mellores adestradores da historia da NBA" en 1996 .
Antes de pasar á profesionalidade, adestrou á Universidade de Minnesota , Bowling Green State, Universidade de Dacota do Norte , e a súa alma máter, Coe College.
Fitch é o quinto adestrador con máis vitorias na historia da NBA, con 944, pero tamén é segundo no apartado das derrotas, con 1106, detrás de Lenny Wilkens . Recibiu en dúas ocasións o premio ao Mellor Adestrador do ano (1976 e 1980 ), e guiou a Larry Bird , Kevin McHale , Robert Parish e os seus Boston Celtics ao anel de 1981 ante Houston Rockets por 4-2. Tras deixar Boston, dirixiu aos Rockets de Hakeem Olajuwon e Ralph Sampson , aos que levou ás Finais de 1984 , perdéndoas ante o seu ex-equipo. Fitch tamén adestrou a Cleveland Cavaliers , New Jersey Nets e Los Angeles Clippers .