Adrian Dantley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adrian Dantley
Posición Escolta
Dorsal 44, 4, 45, 7
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso 94 kg (208 lb)
Nacemento 28 de febreiro de 1956 (58 anos)
Flag of Washington, D.C..svg Washington, D.C.
Carreira
Tempadas 19761991
NBA Draft 1976 / Rolda: 1 / Elección: 6

Escollido por Buffalo Braves

Universidade Notre Dame
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     23 177
Rebotes     5 455
Asistencias     2 830
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Adrian Delano Dantley, nado o 28 de febreiro de 1956 en Washington D.C., é un ex xogador de baloncesto estadounidense que destacou profesionalmente na década dos 80. Xogaba de escolta, e destacou polo seu poderío anotador nas súas 15 tempadas na NBA. Seis veces All-Star, foi incluído no Basketball Hall of Fame en 2008.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Pertenceu durante 3 anos á prestixiosa Universidade de Notre Dame, onde se puxo de manifesto a súa faceta anotadora, chegando a liderar ao seu equipo con porcentaxes de 30,4 e 28,6 puntos nos seus dúas últimas tempadas. Tampouco descoidou a súa faceta reboteadora, conseguindo case 10 rebotes por partido en toda a súa etapa universitaria. Foi nomeado Xogador do Ano en 1976 e elixido para acudir coa selección de baloncesto de Estados Unidos aos Xogos Olímpicos de Montreal 76, onde gañaron o ouro. En 1975 e 1976 foi incluído no primeiro equipo All-American.[1]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido no draft de 1976 por Buffalo Braves, na sexta elección da primeira rolda. Nesa a súa primeira tempada entre os grandes, tivo unha media de 20,3 puntos e 7,6 rebotes, o que lle valeu ser nomeado Rookie do Ano. a pesar desas cifras, foi traspasado a Indiana Pacers a seguinte tempada, onde apenas estivo media tempada, recalando en Los Angeles Lakers. Ao ano seguinte, por fin conseguiu algo de estabilidade ao asinar polos Utah Jazz, onde permaneceu por espazo de sete tempadas, facendo en catro delas consecutivas máis de 30 puntos por partido, sendo o máximo anotador da liga en 1981 e 1984. De alí pasou a Detroit Pistons, e posteriormente a Dallas Mavericks, para acabar a súa carreira en Milwaukee Bucks, aos 35 anos, e tras 15 tempadas entre os grandes.

Finalmente o 7 de abril de 2008 foi elixido para o prestixioso Basketball Hall of Fame, recoñecemento que se lle resistiu quizá por non conseguir nunca un anel de campión e pola súa traxectoria profesional, sen chegar a asentarse en ningún equipo (a pesar de que en Salt Lake City permaneceu sete anos). Ao longo da súa carreira tivo unha media de 24,3 puntos e 5,7 rebotes por partido.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]