A lingua náhuatl de Oaxaca (en náhuatl: Huaxyacac nahuatlahtolli) é unha variedade da lingua náhuatl falada por unhas 13.000 persoas do pobo náhuatl no estado mexicano de Oaxaca. Fálase na serra mazateca de Oaxaca, e esténdese dende Teotitlán até a rexión de Tochtepec. É a variedade máis meridional en territorio mexicano e está emparentada co náhuatl da Serra Negra de Puebla e o náhuatl de Orizaba. Ten arredor de 13.000 falantes,[1] os cales residen principalmente nas comunidades de Teotitlán del Camino, Santa María Teopoxco, Nanahuatipam, San Martín Toxpalan, Apixtepec, El Manzano de Mazatlán, Cosolapan e Tenosapa.[2]