Saltar ao contido

Linguas mazatecas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas mazatecas
 Subclase de
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Identificadores
Freebase/m/06yvsp Editar o valor en Wikidata
Wikidata

As linguas mazatecas[1] son un grupo de linguas indíxenas estreitamente relacionadas faladas por unhas 200 000 persoas do pobo mazateca, que habitan na área coñecida como Serra Mazateca, na parte norte do estado de Oaxaca, e nas zonas adxacentes dos estados de Puebla e Veracruz.

O grupo é descrito a miúdo como unha única lingua chamada mazateca, pero por mor das diferentes variedades que ten, está mellor considerado como un grupo de linguas.[2] Pertence ó subgrupo popoloca da familia de linguas otomangueanas. Baixo a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas, están recoñecidas como "linguas nacionais", xunto coas outras linguas indíxenas de México e o castelán.

O mazateca ten unha boa saúde en moitas das pequenas comunidades da área mazateca, e en moitas das vilas é falada por toda a poboación. Porén, a lingua está comezando a perder terreo fronte ó castelán nalgunhas das comunidades máis grandes, como Huautla de Jiménez e Jalapa de Díaz.

  1. "Entrada mazateca en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  2. Gudschinsky 1958