Saltar ao contido

Lingua cupeña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cupeño
Kupangaxwicham Pe'me̲melki
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Sur de California
Extinción: 1987, coa morte de Roscinda Nolasquez
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Tákica
   Cupana
    Cupeño
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cup
Mapa

A lingua cupeña (sinalada en gris no sur).
Status

O cupeño está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O cupeño é unha lingua morta da familia uto-azteca, a cal foi falada anteriormente polo pobo cupeño do sur de California. Roscinda Nolasquez (finada en 1987) foi a derradeira falante nativa de cupeño.[2] O pobo cupeño fala exclusivamente inglés. O nome nativo da lingua, kupangaxwicham, quere dicir 'xente do lugar para durmir' referíndose á súa terra natal tradicional, anterior a 1902, de Ktipa (na base de Warner's Hot Springs).[3][4] Unha aldea máis pequena estaba situada ao sur de Ktipa, chamada Wildkalpa.

Ao longo da década de 1890 debateuse sobre se se debería ou non permitir que os cupeños seguisen vivindo no territorio tradicional cupeño.[3] Despois de moitos anos de protestas públicas, a Corte Suprema de California decidiu trasladar o pobo cupeño á reserva de Pala.[3][4]

O cupeño ten influencia lingüística tanto das linguas que o precederon como das yumanas faladas polos ipai, que comparten a súa fronteira sur.[3]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Hill, Jane H. (2005-10-18). A Grammar of Cupeño. UC Publications in Linguistics 136. University of California Press. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Sturtevant, William C. (1978). Handbook of North American Indians 8. California: Smithsonian Institution. 
  4. 4,0 4,1 "Did you know Cupeño is awakening?". Endangered Languages (en inglés). Consultado o 2022-07-11.