Club Atlético San Sebastián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Club Atlético San Sebastián é unha entidade polideportiva da cidade de Donostia, fundada no ano 1958, que ten seccións de rugby, atletismo, baloncesto, natación, pelota, tenis, sófbol, hóckey, piragüismo, tríatlon e tenis de mesa. O club ten uns 4000 socios e preto duns 1000 deportistas federados.

Rugby[editar | editar a fonte]

Uniforme


A sección de rugby do Atlético San Sebastián participou 17 tempadas consecutivas na División de Honra do rugby nacional entre a edición 1969/70 e a edición 1985/86. Nesas 17 tempadas acadou 3 títulos de liga, nos anos 1970, 1978 e 1979, e 2 subcampionatos, nos anos 1983 e 1985. Na Copa do Rei acadou 4 títulos nos anos 1968, 1972, 1973 e 1975, e 2 subcampionatos en 1970 e 1974.

Non obstante, este dominio do equipo nos anos 70 sobre o rugby nacional, caeu cando unha gran parte dos compoñentes da sección de rugby do Atlético San Sebastián decidiron crear un novo club, chamado Bera Bera Rugby Taldea, no ano 1983. Dende ese intre ata o descenso de categoría a Primeira División Nacional do equipo só pasaron 3 anos.

No seu primeiro ano en 1ª Nacional, na tempada 1986/87, o At.San Sebastián acadou a 2ª praza, pero non ascendeu. Os anos seguintes rematou 8º, 6º e 10º, descendendo ás categorías rexionais vascas, nas que votou toda a década dos 90, ata a tempada 2001/02. Nesta ocasión o equipo atopou a estabilidade na categoría da 1ª Nacional, e mesmo acadou o ascenso a División de Honra B, na que votou unha tempada, a 2008/09, descendendo a continuación.

No que vai de século XX o Club Atlético San Sebastián é a segunda forza no que se refire a rugby na cidade de Donostia, por detrás do Bera Bera Rugby Taldea, que lle roubou o primeiro posto durante a década dos 90. En agosto de 2018 foi aprobado un acordo co Hernani CRE polo cal o club donostiarra pasa a ser o filial do hernaniarra por un período de dous anos.

Posicións do At.San Sebastián en competicións nacionais dende o ano da súa fundación
Categoría 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67 66 65 64 63 62 61 60 59
Div.Honra 10 2 4 2 x x x 1 1 8 8 7 4 8 4 5 1
Div.HonraB 7
1ªNacional 5 6 4 1 4 3 2 4 8 6 10 6 8 2
Copa 1 2 1 1 2 1

A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. En 1979 o título foi compartido con outros 3 equipos.

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]