CAU Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O CAU Madrid é unha entidade deportiva de Madrid adicada ó rugby, que foi fundada no ano 1961.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado no Nadal do ano 1961 por estudantes do Colexio Alamán de Madrid, co nome de Club Atlético Universitario. Nos primeiros anos da entidade, o equipo militou nas categorías rexionais de Madrid, medrando pouco a pouco. A finais dos anos 60 acada os seus primeiros títulos, en categorías inferiores e rexionais. Cando se crea a Liga Española de rugby en 1970, o CAU Madrid foi un dos equipos integrantes no torneo, acadando a 4ª posición final. Na tempada seguinte, a 1970/71, o equipo sofre o primeiro descenso de categoría da súa existencia, ó rematar 8º no campionato de liga. Non obstante, a ausencia do CAU Madrid na máxima categoría so durou un ano.

O Sindicato Español Universitario (SEU) que apoiaba á entidade desapareceu en 1971, e o CAU trocou o seu nome polo de Club Atlético Uros para manter as súas siglas. A partir da tempada 1972/73 o equipo viviu a época de maior éxito deportivo. En 1977 o CAU Madrid acada o subcampionato de liga e a súa primeira Copa do Rei. En 1978 repite éxito na Copa, e nos anos 1979 e 1980 acada o campionato nacional de Liga.

Despois dunha mala actuación na tempada 1981/82, o equipo descende a Primeira División Nacional, que por aquel entón era o segundo nivel competitivo no rugby español. En 1983 ascende ó primeiro intento, pero tan só bota 3 anos na División de Honra. Tralo descenso na tempada 1985/86 a Primeira Nacional, o CAU Madrid non volveu nunca á máxima categoría do rugby en España.

Dende mediados dos 80 ata o ano 2002 o CAU Madrid se mantivo a maioría dos anos en Primeira Nacional, con algún descenso a categorías rexionais, pero non acadou o desexado ascenso a División de Honra, nin tan siquiera á acabada de crear División de Honra B. Así pois, en 2002 a directiva da entidade tomou a decisión de deixar a loita, centrarse tan só nas seccións de veteranos e competir en categorías de afeccionados.

Recentemente, o CAU Madrid xuntou as súas forzas coas dun novo proxecto chamado Club de Rugby Universitario Metropolitano, nacido en 2002. A fusión levouse a cabo na tempada 2008/09, e a entidade resultante chámase CAU Metropolitano Rugby Club. O equipo competía na Primeira División Madrileña. Na tempada 2010/11 rematou no primeiro posto na Liga Madrileña e acadou o ascenso a categorías nacionais. Tan só dous anos despois acadou un novo ascenso, de xeito que na actualidade compite no segundo nivel do rugby español.

Posicións do CAU Madrid en competicións nacionais dende o ano da súa fundación
Categoría 2014 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67 66 65 64 63
Div.Honra 9 8 3 x x 1 1 3 2 3 3 5 7 8 4
Div.HonraB ?
1ªNacional 2 3 8 4 3 10 6 6 6 8 6 7 5 1
Copa 2 2 1 1 2

A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. En 1979 o título foi compartido con outros 3 equipos.

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]