László Kubala
László Kubala | |||
---|---|---|---|
![]() Kubala co Barcelona en 1953. | |||
Información persoal | |||
Nome | László Kubala Stecz | ||
Nacemento | 10 de xuño de 1927 | ||
Lugar de nacemento | Budapest | ||
Falecemento | 17 de maio de 2002 | ||
Lugar de falecemento | Barcelona | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Segundo dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1939–1943 | Ganz TE | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1944 | Ganz TE | 9 | (2) |
1945–1946 | Ferencváros | 49 | (27) |
1946–1948 | Slovan Bratislava | 33 | (14) |
1948–1949 | Vasas | 20 | (10) |
1949–1950 | Pro Patria | ? | (?) |
1950 | Hungária | ? | (?) |
1951–1961 | Barcelona | 186 | (131) |
1963–1965 | Espanyol | 29 | (7) |
1966–1967 | Zürich | ? | (?) |
Selección nacional | |||
1946–1947 | Checoslovaquia | 6 | (4) |
1948 | Hungría | 3 | (0) |
1953–1961 | España | 19 | (11) |
1953 | Europa XI | 1 | (2) |
1954–1963 | Cataluña | 4 | (4) |
1965 | Europa XI | 1 | (1) |
Adestrador | |||
1961–1963 | Barcelona | ||
1963–1966 | Espanyol | ||
1966–1967 | Zürich | ||
1968 | Toronto Falcons | ||
1968–1969 | Córdoba | ||
1969–1980 | España | ||
1982–1986 | Al-Hilal | ||
1986 | Murcia | ||
1987–1988 | Málaga | ||
1988–1989 | Elche | ||
1992 | España olímpica | ||
1995 | Paraguai | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
László Kubala Stecz (coñecido popularmente en España como Ladislao Kubala), nado en Budapest o 10 de xuño de 1927 e finado en Barcelona o 17 de maio de 2002, foi un xogador e adestrador de fútbol húngaro, de orixe eslovaca, que nos anos 50 obtivo a nacionalidade española. O máis salientable da súa carreira son os 11 anos que xogou no FC Barcelona (1950-1961), e os 11 anos que adestrou á selección española (1969-1980).
Equipos como xogador[editar | editar a fonte]
Tralo seu paso por varios equipos de Europa central, Kubala fuxía dos réximes comunistas e estivo a piques de asinar co gran Torino Football Club en 1949, semanas antes da Traxedia de Superga na que morreron 18 xogadores e directivos do equipo nun accidente de avión, pero finalmente recalou no FC Barcelona, equipo co cal gañou 4 Ligas, 2 Copas de Ferias, 1 Copa Latina, 5 Copas do Xeneralísimo, 2 Copas Eva Duarte e 1 Pequena Copa do Mundo, ademais de ser subcampión de Europa en 1961.
Equipo | Tempadas | Encontros | Goles | Media |
---|---|---|---|---|
![]() |
1944 | 9 | 2 | 0.22 |
![]() |
1945-1946 | 49 | 33 | 0.67 |
![]() |
1946-1948 | 36 | 15 | 0.42 |
![]() |
1948-1949 | 20 | 10 | 0.50 |
![]() |
1949-1950 | |||
![]() |
1950-1961 | 256 | 194 | 0.75 |
![]() |
1961-1965 | 29 | 7 | 0.24 |
![]() |
1965-1967 | 1 | 0 | 0.00 |
![]() |
1967 | 19 | 5 | 0.26 |
TOTAL | 1944-1967 | 419 | 266 | 0.63 |
Kubala xogou para 3 seleccións nacionais, feito inigualado por ningún outro xogador na historia do fútbol.
- Seleccións nas que xogou:
- Hungría: 6 veces internacional
- Checoslovaquia: 11 veces internacional
- España: 20 veces internacional
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Kubala é o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona, por detrás de Paulino Alcántara e Josep Samitier; e tamén o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona en encontros oficiais, por detrás de César Rodríguez e Lionel Messi. En 2004 foi incluído na lista dos 50 mellores xogadores do século XX, que fixo a IFFHS para a FIFA.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Kubala adestrou ó FC Barcelona en dúas etapas (tempadas 1962-1963 e 1980-1981), sen acadar éxitos salientables. Adestrou tamén ó RCD Espanyol, Elche CF, Real Murcia, Córdoba, Málaga, FC Zürich, Toronto City e Toronto Falcons.
Foi seleccionador español durante 11 tempadas (entre 1969 e 1980), o que supón o récord de permanencia no cargo. Tamén foi seleccionador de Paraguai e de Arabia Saudita.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: László Kubala ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Información sobre Kubala na páxina web da FIFA Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Datos sobre Kubala en Sportec (en castelán)
- Nados en 1927
- Finados en 2002
- Nados en Budapest
- Futbolistas de Hungría
- Xogadores do Ferencvárosi Torna Club
- Xogadores do ŠK Slovan Bratislava
- Xogadores do Vasas SC
- Xogadores do Aurora Pro Patria 1919
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do FC Zürich
- Xogadores da selección de fútbol de Checoslovaquia
- Xogadores da selección de fútbol de Hungría
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol de Cataluña
- Adestradores de fútbol de Hungría
- Adestradores do FC Barcelona
- Adestradores do RCD Espanyol
- Adestradores do FC Zürich
- Adestradores do Córdoba CF
- Adestradores da selección de fútbol de España
- Adestradores do Al-Hilal FC
- Adestradores do Real Murcia
- Adestradores do CD Málaga
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores da selección de fútbol de Paraguai
- Grandes cruces da Real Orde do Mérito Deportivo