César Rodríguez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cesar Rodríguez Álvarez»)
César Rodríguez
Información persoal
Nome César Rodríguez Álvarez
Nacemento 29 de xuño de 1920
Lugar de nacemento León
Falecemento 1 de marzo de 1995
Lugar de falecemento Barcelona
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Frente de Juventudes de León
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1939–1955 Barcelona 292 (191)
1939–1940 Sabadell 14 (3)
1940–1942 Granada 35 (27)
1954–1955 España Industrial 9 (8)
1955–1956 Cultural Leonesa 15 (3)
1956–1957 Perpignan 13 (4)
1957–1960 Elche 80 (42)
Total 458 (278)
Selección nacional
1945–1952 España 12 (6)
Adestrador
1959–1960 Elche
1960–1963 Zaragoza
1963–1964 Barcelona
1965–1966 Mallorca
1966–1967 Celta de Vigo
1967 Betis
1968–1969 Zaragoza
1969–1971 Hércules
1975–1976 Sant Andreu
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

César Rodríguez Álvarez, nado en León o 29 de xuño de 1920 e finado en Barcelona o 1 de marzo de 1995, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Barcelona, club do que foi o máximo goleador histórico durante máis de medio século, ata que os seus 232 goles foron superados en 2012 por Leo Messi.[1]

Era irmán do tamén futbolista Ricardo Rodríguez Álvarez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Formouse no Frente de Juventudes de León e no ano 1939 fichou polo FC Barcelona pero este cederíao a mediados da primeira tempada ao CE Sabadell e os dous anos seguintes o Granada CF xa que tiña que cumprir o servizo militar en dita cidade, con ese equipo chegou a proclamarse campión de Segunda División e a xogar en Primeira.

Unha vez de volta en Barcelona fíxose cun posto de titular, que mantería durante trece tempadas, nas que marcou 232 goles e gañou trece títulos, entre Ligas, Copas do Xeneralísimo, Copas Eva Duarte e Copas Latinas. Tamén se proclamou Pichichi co club catalán na tempada 1948/49.

Deixou o Barcelona no ano 1955 e tras xogar na Cultural Leonesa e no Perpignan retirouse xogando no Elche CF, sendo na última tempada xogador-adestrador, e subindo ao equipo dende a Terceira División a Primeira en só tres anos e proclamándose campión de Terceira e Segunda División.

Coa Selección de fútbol de España disputou un total de 13 encontros entre os anos 1945 e 1952, marcando seis goles e participando no Mundial de Fútbol Brasil 1950 e no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

As súas cifras anotadoras levárono a ser o máximo goleador do FC Barcelona en encontros oficiais ata o 20 de marzo de 2012 cando o superou o arxentino Lionel Messi.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Tras o grande éxito co Elche CF a quen deixou en Primeira División fichou polo Real Zaragoza para aos tres anos dirixir ao FC Barcelona. De aí pasaría ao RCD Mallorca en 1965 con quen descendería a Segunda, polo que deixa o equipo para fichar polo Celta de Vigo. En Vigo supliría a Rafael Yunta que deixara o equipo a tempada anterior, pero non remataría a tempada sendo substituído por Pepe Villar.

En 1967 ficha polo Real Betis Balompié pero tampouco tería sorte e o equipo descendeu a finais da tempada. O seu último equipo en Primeira sería outra vez o Real Zaragoza a quen dirixiu un ano.

En Segunda División pasou por Mallorca e Hércules CF antes de retirarse no UE Sant Andreu.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Barcelona
Granada
Elche
Individual

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Hércules

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Messi supera a César como máximo goleador histórico del Barcelona". Marca (en castelán). 20 de marzo de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2022.