Mediaset España
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Mediaset España | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | negocio e empresa |
Data de fundación | 10 de marzo de 1989 |
Fundador(es) | Silvio Berlusconi |
Presidente/a | Borja Prado Eulate (pt) ![]() |
Organización matriz | Mediaset |
Organización subsidiaria | ProSiebenSat.1 Media SE, Telecinco Cinema, sen etiquetar, La Fábrica de la Tele, Producciones Mandarina, sen etiquetar e sen etiquetar |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.mediaset.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mediaset España Comunicación, S.A. é un grupo empresarial español, creado en marzo de 1989, cuxa actividade céntrase, esencialmente, na produción e exhibición de contidos televisivos. En 2012 opera as canles de televisión Telecinco, Cuatro, LaSiete, FactoríaDeFicción, Boing, Divinity, Energy, Nueve e Telecinco HD, esta derradeira é o sinal en alta definición de Telecinco.
O grupo posúe varias empresas do sector, coma a axencia de noticias Atlas, a xestora de publicidade Publiespaña ou a produtora audiovisual de cine e televisión Telecinco Cinema. Do mesmo xeito, posúe o 22% de Canal+ e, xunto con Mediaset, o 75% de Endemol.
Os accionistas maioritarios de Mediaset España son: Mediaset Investimenti, cun 41,6% do capital e o Grupo PRISA cun 17,3%.
O 11 de marzo do 2011, trala compra de Cuatro e a creación de novos canles, a empresa informou á CNMV que, na Xunta de Accionistas, modificaríase a denominación social da compañía dende Gestevisión Telecinco a Mediaset España.
O grupo Mediaset España, é o maior grupo televisivo de España no canto á audiencia (26,8%, abril de 2012 FormulaTV) e no canto ó número de canles.