Khalil Gibran
Khalil Gibran | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | جُبْران بن خَليل بن ميخائيل بن سَعْد جُبْران |
Nacemento | 6 de xaneiro de 1883 e 1883 |
Lugar de nacemento | Bxari |
Falecemento | 10 de abril de 1931 e 1931 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Causa | cirrose hepática e tuberculose |
Soterrado | Bxari |
Nacionalidade | Imperio Otomán, State of Greater Lebanon e mandatory Lebanese Republic |
Etnia | Libaneses |
Alma máter | Academia Julian |
Ocupación | escritor, poeta, pintor e filósofo |
Coñecido por | O Profeta (livro), Broken Wings, Sand and Foam e The Processions |
Na rede | |
https://www.kahlilgibran.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gibran Khalil Gibran (en árabe: جبران خليل جبران بن ميکائيل بن سعد; en siríaco: ܓ̰ܒܪܢ ܚܠܝܠ ܓ̰ܒܪܢ), nado en Bsharri o 6 de xaneiro de 1883 e finado en Nova York o 10 de abril de 1931, foi un ensaísta, filósofo, narrador, poeta, conferenciante e pintor de orixe libanesa tamén coñecido como Kahlil Gibran. Os seus libros e escritos, de simple beleza e espiritualidade, son recoñecidos e admirados fóra do mundo árabe.[1] O seu nome completo, transliterado para linguas occidentais é Gibran Khalil Gibran, mais no colexio dos Estados Unidos en que viviu e traballou a maior parte da súa vida, un erro de rexistro reduciu o seu nome a Kahlil Gibran.[2]
Na súa relativamente curta, mais prolífica existencia (viviu apenas 48 anos), Khalil Gibran produciu unha obra literaria destacada e artisticamente marcada polo misticismo oriental. A súa obra, acentuadamente romántica e influenciada por fontes de aparente contraste como a Biblia, Nietzsche e William Blake, trata de temas como o amor, a amizade, a morte e a natureza, entre outros. Escrita en inglés e árabe, expresa as inclinacións relixiosas e mística do autor. A súa obra máis coñecida é o libro The Prophet, orixinalmente publicado en inglés e traducido a preto de vinte linguas. Outro libro destacado é o Al-Ajniha al-Mutakassira, en que o autor fala da súa primeira historia de amor.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gibran Kahlil Gibran era fillo de Khalil ben Gibran, facendeiro, e de Kamilah Rahmeh, filla do párroco do poboado de Bsherri, onde naceu.[4] Os pais de Gibran eran maronitas (cristiáns dunha seita oriental que, debendo obediencia ao Papa, difire da Igrexa Romana, na liturxia siria e polo non celibato do clero)[3] Aos sete anos de idade, Gibran gustaba de illarse na gruta do mosteiro de Mar Sarkis, máis tarde transformado no seu museo,[5] para dedicarse aos debuxos a fusain, ou a lapis. O seu pai, home enérxico e de pouca instrución, pegáballe por iso. En 1894, cando Gibran tiña once anos, a súa nai, decidida a buscar unha vida mellor para os seus fillos, mudouse a Nova York. Nese momento, o pai de Gibran cumpría prisión por unha acusación de fraude na recollida de impostos. Tres anos despois, foi condenado e foron confiscados os bens da familia.[4]
De Nova York, coa nai e os seus tres irmáns, Gibran foi para Boston e fixou a súa residencia nunha comunidade libanesa, próxima a un barrio chinés. Pouco tempo despois, aos 15 anos de idade, volveu para o Líbano e ingresou na escola Al-Hikmat, e Beirut, institución dirixida polo clero maronita. Gibran dedicouse aos idiomas árabe e francés.[6]
Gibran decidiu quedar co seu pai en Bsherri, durante o verán de 1899. No outono, ao retornar a Boston, onde a súa nai e as súas irmás traballaban como costureiras, e o seu irmán como empregado dunha tenda, Gibran non volveu á escola nin buscou emprego, senón que decidiu concentrarse na pintura e na literatura.[4]
En abril de 1902, unha das irmás de Gibran, Sultana, morreu vítima de tuberculose. Do mesmo modo, perdeu o irmán, Pedro, en marzo de 1903. Tres meses despois, a nai de Gibran morreu de cancro. Gibran e a súa irmá, Mariana, continuaron a vivir en Bostonː ela, sustentándoos coa costura; el permaneceu escribindo, debuxando e pintando. Un ano despois, aos 21 anos, Gibran posuía cadros suficientes para realizar unha exposición e, para iso, contou coa axuda dun fotógrafo coñecido en Boston, Fred Holland Day, amigo de Mary Haskell.[4]
Desexoso de ampliar estilos marchou a París en 1904, instalándose en Vaugirard ata 1910. Coñeceu e viviu o ambiente cultural e artístico do París da época. En 1910 volveu de novo a Boston e o ano seguinte fundou unha especie de agrupación político-social que se propuña loitar contra a tiranía e a opresión en Oriente. Trasladouse á cidade de Nova York e en 1912 publicou o seu libro Al-Ajniha al-Mutakassira, que comezara en 1906. Os seus primeiros textos publicounos na revista libanesa "Al-Manarah", publicación fundada polo propio Gibran xunto con Youssef Howayek. Iniciou tamén nesa época unha serie de viaxes por Europa que enriqueceron a súa bagaxe cultural.
Traballou para a revista al- Funun e despois da desaparición desta, para al Saih. Arredor desta revista foi onde se conformou a agrupación literaria máis importante de toda a literatura do mahyar, "a liga literaria", fundada como tal o 4 de abril de 1920 e na que destacaron entre os seus membros Yubran, Nuayma, Nasib Arida e Rasid Ayyub. Yubran, concienciado e en plena época de apoxeo fecundo, comezou a publicar en inglés. Foi un período que lle outorgou fama mundial. Gibran traballou na confección de The Prophet, que finalmente logrou publicar en 1923, con éxito total e imaxes da súa propia autoría. Antes publicara The Madman e posteriormente The Forerunner. A partir dese momento a súa saúde decaeu constantemente ata o final da súa vida. Obtivo certo recoñecemento social a partir de 1925 co que melloraron as súas condicións de vida.
Gibran Khalil Gibran faleceu o 10 de abril de 1931 en Nova York a causa de cirrose e tuberculose.[1]
Obra[editar | editar a fonte]
En árabe:
- Nubthah fi Fan Al-Musiqa (1905)
- Ara'is al-Muruj (1906)
- Al-Arwah al-Mutamarrida (1908)
- Al-Ajniha al-Mutakassira (1912)
- Dam'a wa Ibtisama (1914)
- Al-Mawakib (1919)
- Al-'Awāsif (1920)
- Al-Bada'i' waal-Tara'if (1923)
En inglés:
- The Madman (1918)[7]
- Twenty Drawings (1919)
- The Forerunner (1920)
- The Prophet, (1923)
- Sand and Foam (1926)
- Kingdom of the Imagination (1927)
- Jesus, The Son of Man (1928)
- The Earth Gods (1931)
Póstuma, en inglés:
- The Wanderer (1932)
- The Garden of The Prophet (1933, completada por Barbara Young)
- Lazarus and his Beloved (Play, 1933)
Coleccións:
- Prose Poems (1934)
- Secrets of the Heart (1947)
- A Treasury of Kahlil Gibran (1951)
- A Self-Portrait (1959)
- Thoughts and Meditations (1960)
- A Second Treasury of Kahlil Gibran (1962)
- Spiritual Sayings (1962)
- Voice of the Master (1963)
- Mirrors of the Soul (1965)
- Between Night & Morn (1972)
- A Third Treasury of Kahlil Gibran (1975)
- The Storm (1994)
- The Beloved (1994)
- The Vision (1994)
- Eye of the Prophet (1995)
- The Treasured Writings of Kahlil Gibran (1995)
Outras:
- Beloved Prophet, The love letters of Khalil Gibran and Mary Haskell, and her private journal (1972, editado por Virginia Hilu)
Traducido ao galego:
- As ras, Editorial Danú, 2009[8]..
- O rato e o gato, Editorial Danú, 2009[9].
- O profeta[10]
- O xardín do profeta[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Famous Authors - "Khalil Gibran - Biografia"
- ↑ Cornell University - "Khalil Gibran (1883-1931)"
- ↑ 3,0 3,1 Michigan State University - "Kahlil Gibran Biography"
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Fundação Biblioteca Nacional - Catálogos online: "O grande amor do profeta: as cartas de amor de Kahlil Gibran e Mary Haskell e o seu diario particular, revisto e organizado por Virginia Hilu; tradução de Valerie Rumjanek." Editora Record, segunda edição. Rio de Janeiro (1972)". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Comitê Nacional de Gibran (1932)
- ↑ Gibran Jalil. El jardín del profeta. Arena y espuma, pgs. 13 e 14. EDAF, (1985)
- ↑ Gibran, Kahlil (May 1, 2004). "The Madman: His Parables and Poems" – vía Project Gutenberg.
- ↑ Ficha en BiTraGa.
- ↑ Ficha en BiTraGa.
- ↑ Tradución de Silvia Carril Caldelas. Autoedición (Ilia BOOKS, 2020).
- ↑ "Política Lingüística, Fundación Araguaney e Teófilo Edicións traducen ao galego a Khalil Gibran". O Portal da Lingua Galega. 26 de setembro de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Khalil Gibran ![]() |