Jalen Duren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jalen Duren
Detroit Pistons – No. 0
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 18 de novembro de 2003 (20 anos)
Sharon Hill, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Instituto Roman Catholic
(Filadelfia, Pensilvania)
Montverde Academy
(Montverde, Florida)
Universidade Memphis (2021–2022)
NBA Draft 2022 / Rolda: 1 / Elección: 13
Por Charlotte Hornets
Carreira dende 2022
Historial de equipos
Detroit Pistons (2022–presente)

Jalen Montez Duren, nado o 18 de novembro de 2003 en Sharon Hill, Pensilvania, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Duren foi seleccionado na 13ª posición do Draft da NBA de 2022 polos Charlotte Hornets, pero esa mesma noite saíu traspasado primeiro ós New York Knicks e posteriormente ós Detroit Pistons.[1][2][3] O 7 de xullo de 2022, Duren asinou o seu contrato de rookie cos Pistons.[4] O 19 de outubro de 2022, Duren debutou na NBA, facendo 14 puntos, 10 rebotes e 3 tapóns na vitoria dos Pistons por 113–109 contra os Orlando Magic.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reyes, Grace (30 de xuño de 2022). "Detroit Pistons fans welcome Jaden Ivey and Jalen Duren during the Little Caesars Arena draft night party". NBA.com. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  2. "Hornets Select Mark Williams With 15th Pick In 2022 NBA Draft". NBA.com. 23 de xuño de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  3. "Knicks Acquire Future First Round Draft Pick". NBA.com. 6 de xullo de 2022. 
  4. "Pistons sign first-round pick Jalen Duren to rookie contract". The Rookie Wire (en inglés). 2022-07-07. Consultado o 2022-07-14. 
  5. Villas, Rexwell (19 de outubro de 2022). "Jaden Ivey excites in Pistons debut but another rookie resets a franchise record". ClutchPoints. Consultado o 19 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]