Júlio César Soares Espíndola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Júlio César
Información persoal
Nome Júlio César Soares de Espíndola
Nacemento 3 de setembro de 1979 (44 anos)
Lugar de nacemento Duque de Caxias
Altura 1,80 m
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Benfica
Número 12
Carreira xuvenil
Grajau CC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–2005 Flamengo 130 (0)
2005–2012 Inter Milán 228 (0)
2005Chievo (cesión) 0 (0)
2012–2014 QPR 24 (0)
2014Toronto FC (cesión) 7 (0)
2014– Benfica 52 (0)
Selección nacional
2004– Brasil Brasil 87 (0)
Na rede
IMDB: nm3664094 FIFA: 179038 UEFA: 91862 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de setembro de 2016.
Selección: actualizado a 12 de xullo de 2014.editar datos en Wikidata ]

Júlio César Soares de Espíndola, máis coñecido como Júlio César, nado en Duque de Caxias, Estado do Río de Xaneiro, o 3 de setembro de 1979, é un futbolista internacinoal brasileiro que xoga como gardameta para o SL Benfica.

En 2009, a Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS) nomeouno como o terceiro mellor gardameta do mundo, atrás só de Iker Casillas e Gianluigi Buffon,[1] sendo tamén premiado como o mellor gardameta do campionato italiano en 2009 e 2010. No ano 2009 foi nomeado para o Balón de Ouro, rematando finalmente como vixésimo primeiro nas votacións, sendo o segundo mellor gardameta da lista só detrás de Iker Casillas, que rematou décimo sexto.

Despois de ser moi criticado no Brasil e nos seus clubs por algunhas actuacións desafortunadas, o 28 de xuño de 2014 foi o heroe do partido de oitavas de final entre Brasil e Chile da Copa do Mundo de 2014, tras salvar ao seu equipo de caer eliminado nos penaltis.

Notas[editar | editar a fonte]