Kittilä
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Finlandia | ||||
| Axencia Rexional | Axencia de Administración Rexional de Laponia | ||||
| Rexión | Laponia, Finlandia | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 6.822 (2023) | ||||
| Lingua oficial | lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Tunturi-Lapin | ||||
| Superficie | 8.095,28 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1854 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Kittilä municipal council (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | kittila.fi | ||||
Kittilä (en saami de Inari: Kittâl, en saami setentrional: Gihttel) é un concello de Finlandia situado na provincia de Laponia, que goza de sona por ser un lugar turístico. En Kittilä atópase unha das máis coñecidas estacións de esquí de Finlandia, Levi. O concello contaba cunha poboación de 6 354 habitantes no 2018 e esténdese nunha área de 8 262,97 km², dos cales 168,71 km² son auga. A densidade de poboación é de 0.79 habitantes por km².
O 5 de xuño de 2006 anunciouse que unha corporación mineira canadense, Agnico-Eagle Mines, abriría unha nova mina de ouro en Kittilä. Os expertos pensan que os depósitos conteñen polo menos tres millóns de onzas de ouro puro. Espérase que a mina produza ao redor de 150 onzas de ouro ao ano, durante 13 anos, polo menos.[1] A explotación a ceo aberto comezou en setembro de 2007 e a produción en maio de 2008.[2] A minaría do pozo de Suuri comezou con 2500 toneladas por día que incrementaron até 3000 toneladas a finais de 2009.[3]
O Aeroporto de Kittilä está operado polas compañías aéreas Finnair e FinnComm.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kittilä |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en finés)

