José Carlos Ramírez
Nome orixinal | José Carlos Ramírez Suárez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 10 de maio de 1996 (28 anos) Paradas, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,84 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Carlos Ramírez Suárez, nado o 10 de maio de 1996 en Paradas (Sevilla), é un futbolista profesional español da canteira do Real Betis que xoga como defensa central zurdo. Foi campión da Eurocopa sub-19 de Grecia 2015 coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Paradas (Sevilla), Andalucía, José Carlos Ramírez formouse nas categoría inferiores do Real Betis desde os oito anos. No ano 2007, despois de non ter xogado de forma habitual regresa á súa cidade natal para unirse ao Paradas Balompié, aínda que acaba por regresar ao club sevillano no ano 2010. [1] O 5 de outubro de 2014 dubuta co filial bético da Segunda División B, saíndo como titular na derrota na casa do seu equipo por 0−2 ante o UCAM Murcia CF. Converteuse rapidamente en títular indiscutíbel, xogando 22 partidos até finalizar a temporada. As súas boas actuación levárono a renovar o seu contrato até 2019 e a ser ascendido ao primeiro equipo da Primeira División. O seu debut sería o 29 de novembro na vitoria do seu equipo ante o Deportivo da Coruña na Copa do Rei por 1−0 no Benito Villamarín. O seu debut en liga chegría o 4 de decembro, xogando os 90 minutos no empate na casa por 3−3 ante o Celta de Vigo. Tras acabar a campaña é cedido ao recentemente ascendido á Segunda División Lorca FC. Tras xogar cinco partido no club da Rexión de Murcia, o 31 de xaneiro rescinde a súa cesión para ser cedido ao Club Deportivo Lugo, onde permanecerá como xogador en propiedade para a seguinte temporada.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Real Betis B | Segunda B | 2014−2015 | 22 | 1 |
Real Betis B | Segunda B | 2015−2016 | 29 | 1 |
Real Betis | Primeira | 2016−2017 | 6 | 0 |
Lorca F.C. | Segunda | 2017−2018 | 5 | 0 |
Lugo | Segunda | 2018 | 6 | 0 |
Lugo | Segunda | 2018−2019 | 22 | 0 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Eurocopa sub-19: 2015
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]