Alfonso Blanco Quintela
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Alfonso Blanco Quintela | |
---|---|
Carballo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | tradutor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alfonso Blanco.
Alfonso Blanco Quintela, nado en Carballo, é un latinista, profesor e tradutor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Blanco é licenciado en Filoloxía clásica pola USC. Na actualidade reside en Louro e imparte aulas no IES Fontexería de Muros; é profesor de latín, grego e cultura clásica.
Como tradutor traballou para editoriais como Galaxia ou Hugin e Munin[1].
Na súa faceta docente, cabe destacar unha mención na VII Edición do Certame EducaCompostela, polo seu traballo Ad latinitaem, do cal o xurado sinalou que:
... cobre un baleiro de materiais que non existía para estas idades e propón unha metodoloxía alternativa para a ensinanza do latín diferente do libro de texto, ademais de integrar as áreas musicais coa ensinanza desta materia.[2]
Obra traducida[editar | editar a fonte]
- Sobre a vellez. Sobre a amizade, de Cicerón. Ed. Galaxia, 1995.
- Cartas, de Cicerón. Ed. Galaxia/Xunta de Galicia, 1996.[3]
- O soño, de Johannes Kepler. Ed. Hugin e Munin, 2014.
- Nova Atlántida, de Francis Bacon. Ed. Hugin e Munin, 2016.
- A viaxe subterránea de Niels Klim, de Ludvig Holberg. Ed. Hugin e Munin, 2017.
- Un mundo distinto e igual, de Joseph Hall. Ed. Hugin e Munin, 2017
- Pequena Inglaterra, de Ioanna Karistiani. Ed. Hugin e Munin, 2018.
- A guerra da Galia, de Xulio César. Edicións Laiovento, 2019.
- A lúa e seis peniques, de William Somerset Maugham. Ed. Hugin e Munin, 2019.
- A honra e os cartos, de Konstantinos Theotokis. Ed. Hugin e Munin, 2020.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Base de datos de libros editados en España, consultado en abril de 2016.
- ↑ Un traballo sobre a historia das letras para alumnos de Educación Infantil gaña a VIII edición dos Premios Educacompostela, nova publicada na páxina web do Concello de Compostela o 29 de novembro de 2010.
- ↑ Escolma de 66 cartas datadas entre o ano 58 e o 56 AEC Arquivado 16 de outubro de 2016 en Wayback Machine.. A selección correspóndese coa do vol. II da Edición da Collection des Universités de France.