Philip Glass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Philip Glass
Philip Glass 018.jpg
Philip Glass en 1993
Nome completo Philip Morris Glass
Data de nacemento 31 de xaneiro de 1937 (79 anos)
Lugar de nacemento Baltimore, Estados Unidos de América Estados Unidos
Web official philipglass.com

Philip Morris Glass, nado en Baltimore o 31 de xaneiro de 1937,[1] é un compositor clásico estadounidense. Está considerado un dos compositores máis influentes do século XX.[2][3][4] A súa música é descrita a miúdo como música minimalista, xunto coa obra de outros grandes minimalistas como La Monte Young, Terry Riley e Steve Reich.[5]

Glass rexeitou o selo de "minimalista", describíndose no seu canto como un compositor de "música con estruturas repetitivas".[6] Malia que as súas primeiras obras musicais comparten moitas características co que se considera acotío como "minimalista", a súa música evolucionou moito estilisticamente.[7][8] El descríbese a si mesmo como "clasicista", destacando por ser estudoso de harmonía e contrapunto de compositores como Franz Schubert, Johann Sebastian Bach e Wolfgang Amadeus Mozart con Nadia Boulanger.[9]

Glass fundou o seu propio conxunto musical, o Philip Glass Ensemble, co cal toca o piano, escribe óperas, obras de teatro, sinfonías, concertos, obras solistas, música de cámara e bandas sonoras. Tres das súas bandas sonoras foron nomeadas ós Premios Oscar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É un compositor moi prolífico, producindo moitos traballos entre óperas, sinfonías, concertos, bandas sonoras para filmes e outros traballos en colaboración con outros músicos. Ten dous fillos e actualmente reside no estado de Nova York nos Estados Unidos e na provincia da Nova Escocia no Canadá. É defensor da causa tibetana[10].

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2012 Mellor música orixinal O Apóstolo Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biography.com (ed.). "Philip Glass Biography – Facts, Birthday, Life Story". Consultado o 29 de marzo de 2013. 
  2. Naxos Classical Music Spotlight podcast: Philip Glass Heroes Symphony
  3. "The Most Influential People in Classical and Dance". New York Magazine. 8 de maio de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  4. O'Mahony, John (24 de novembro de 2001). "The Guardian Profile: Philip Glass". The Guardian (Londres). Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  5. Richardson, John (1999), Singing Archaeology: Philip Glass's Akhnaten, University Press of New England, p. 21
  6. "Biography". Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  7. Smith, Ethan. "Is Glass Half Empty?". New York Magazine. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  8. Smith, Steve (23 de setembro de 2007). "If Grant Had Been Singing at Appomattox". The New York Times. 
  9. McKoen, Belinda (28 de xuño de 2008). "The Sound of Glass". The Irish Times. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  10. Biografía de Philip Glass na súa web oficial (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]