Albrecht von Wallenstein
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Albrecht von Wallenstein ou von Waldstein, nado en Heřmanice, Bohemia, o 24 de setembro de 1583 e finado en Cheb, o 25 de febreiro de 1634, foi un xeneralissimus imperial da época da Guerra dos Trinta Anos e duque de Frislandia e Mecklemburgo, príncipe de Żagań.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Albrecht Wenzel Eusebio, chamado Wallenstein, naceu o 24 de setembro de 1583 en Heřmanice no Elba. Viña da antiga familia bohemia de Waldstein. O avó de Wallenstein, Georg von Waldstein, introducira a fe evanxélica-protestante no seu pazo en 1536 e en 1546 uniuse ao levantamento principesco contra o emperador Carlos V. O pai de Wallenstein, Wilhelm IV Freiherr von Waldstein (da familia Horzicz-Arnau) auf Hermanitz, capitán real bohemio do distrito de Königgrätzer, falecido en 1595, estaba casado con Margaretha Freiin Smirziczky von Smirzicz (1555–1593).