Paul Hindemith
Paul Hindemith | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Paul Merano |
Nacemento | 16 de novembro de 1895 |
Lugar de nacemento | Hanau |
Falecemento | 28 de decembro de 1963 |
Lugar de falecemento | Frankfurt |
Causa | pancreatite aguda |
Soterrado | sen etiquetar |
Nacionalidade | Alemaña, Alemaña do Oeste e Estados Unidos de América |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Conservatorio Hoch |
Ocupación | compositor de música clássica, director de orquestra, músico, professor of music composition, musicólogo, profesor de música, teórico da música, violista de amor, profesor universitario, Concertino, violinista, violista, libretista, mestre e compositor |
Coñecido por | String Quartet No. 2, Symphony in B-flat for Band, Mathis der Maler e sen etiquetar |
Premios | Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Bach Prize of the Free and Hanseatic City of Hamburg, Prêmio Balzan, Wihuri Sibelius Prize, Placa Goethe da Cidade de Frankfurt am Main, Berliner Kunstpreis, Honorary doctor of the Free University of Berlin, honorary doctorate of the Johann Wolfgang Goethe University Frankfurt, Honorary doctor of the University of Oxford e Pour le Mérite |
Na rede | |
https://www.hindemith.info | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paul Hindemith, nado en Hanau (Hessen) o 16 de novembro de 1895 e finado o 28 de decembro de 1963 en Frankfurt am Main, foi un compositor, violista, director de orquestra e profesor alemán.
Vida[editar | editar a fonte]
Hindemith naceu na cidade de Hanau, próxima a Frankfurt am Main e aprendeu a tocar o violín de neno. Aos once anos marchou da casa debido á oposición paterna ás súas ambicións musicais, tocando en cafés e teatros pra poder pagar os seus estudos no Hoch Konservatorium de Frankfurt am Main, onde estudou con Arnold Mendelssohn e Bernhard Sekles.
En 1922 foron escoitadas algunhas das súas composicións no festival International Society for Contemporary Music de Salzburgo, o que lle fixo conquistar a atención do público internacional. Posteriormente colaborou con varios compositores das vangardas, incluíndo a Anton Webern e Arnold Schönberg.
Dende 1927 foi profesor de composición no Conservatorio Superior de Música de Berlín. En 1929 fundou o cuarteto de corda Amar, no que tocaba a viola e co que realizou numerosas xiras de concertos arredor de Europa.
A súa música foi considerada dexenerada polos nazis a pesar das protestas de Wilhelm Furtwängler, e en 1938 exiliouse en Suíza. En 1940 emigrou aos Estados Unidos, onde se converteu en profesor de composición en Yale e Harvard.
Obra[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |