Dario Šarić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dario Šarić
Dario Saric, Austria v Croatia.jpg
Minnesota Timberwolves – No. 36
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 8 de abril de 1994 (25 anos)
Croacia Šibenik
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 12

Por Orlando Magic

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Zrinjevac (2009)
Dubrava (2010–2011)
Zagreb (2011–2012)
Cibona (2012–2014)
Anadolu Efes (2014–2016)
Philadelphia 76ers (2016–2018)
Minnesota Timberwolves (2018–presente)
Información en nba.com

Dario Šarić, nado o 8 de abril de 1994 en Šibenik, é un xogador profesional de baloncesto croata que xoga para os Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,08 metros xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En novembro de 2012, Šarić asinou un contrato de catro anos co KK Cibona croata.[1] En 2013, gañou a liga croata e a copa croata, e gañou o premio ó mellor xogador da final.

O 24 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos, con opción a outro máis, co Anadolu Efes turco.[2] Días despois, foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Orlando Magic, e foi traspasado inmediatamente ós Philadelphia 76ers a cambio de Elfrid Payton.[3]

O 12 de novembro de 2018, Šarić foi traspasado xunto a Jerryd Bayless, Robert Covington e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cibona inks Dario Šarić". ABA League. 2012-11-28. Arquivado dende o orixinal o 22/10/2014. Consultado o 08/06/2013. 
  2. "Dario Saric officially signs with Anadolu Efes Istanbul". Sportando.com. 24 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xuño de 2014. 
  3. Herbert, James (26 de xuño de 2014). "2014 NBA Draft: Orlando Magic select Dario Saric at No. 12, trade to 76ers". CBS Sports. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  4. "Team Acquires Four-Time All-Star Jimmy Butler". NBA.com. 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]