Lauri Markkanen
![]() | |
Utah Jazz – No. 23 | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 22 de maio de 1997 (26 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Arizona (2016–2017) |
NBA Draft | 2017 / Rolda: 1 / Elección: 7 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
HBA-Märsky (2014–2016) Chicago Bulls (2017–2021) Cleveland Cavaliers (2021–2022) Utah Jazz (2022–presente) |
Lauri Elias Markkanen, nado o 22 de maio de 1997 en Vantaa, é un xogador finés de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 22 de xuño de 2017, Markkanen foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Minnesota Timberwolves. Na mesma noite do Draft os seus dereitos foron traspasados xunto a Zach LaVine e Kris Dunn ós Chicago Bulls, a cambio de Jimmy Butler e os dereitos de Justin Patton.[1] O 5 de xullo de 2017, Markkanen asinou cos Bulls.[2]
O 28 de agosto de 2021, Markkanen foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Portland Trail Blazers.[3]
O 1 de setembro de 2022, Markkanen foi traspasado xunto a Ochai Agbaji, Collin Sexton, tres eleccións da primeira rolda do Draft e dous intercambios de eleccións do Draft ós Utah Jazz, a cambio de Donovan Mitchell.[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Bulls acquire Dunn, LaVine and Markkanen from Minnesota". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ "Bulls sign Lauri Markkanen". NBA.com. 5 de xullo de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2017.
- ↑ "Cavaliers Acquire Lauri Markkanen". NBA.com. 28 de agosto de 2021. Consultado o 28 de agosto de 2021.
- ↑ "Cavs Acquire Three-Time All-Star Donovan Mitchell". NBA. NBA.com. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Cleveland Cavaliers acquire Utah Jazz star Donovan Mitchell in blockbuster trade". ESPN. Consultado o 3 de setembro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 07 de outubro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)