Saltar ao contido

Ian Hamilton Finlay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIan Hamilton Finlay
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Nassau, Bahamas Editar o valor em Wikidata
Morte27 de marzo de 2006 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónDollar Academy (en) Traducir
Escola de Arte de Glasgow (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , ilustrador , visual poet (en) Traducir , dramaturgo , escultor , horticultor , poeta , artista , pacifista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLand art e poesia concreta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoArte contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteVictoria Miro Gallery (en) Traducir e Sfeir-Semler Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalGary Hincks (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
12 de xuño de 1987documenta 8 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSue Finlay (1965–)
FillosAlec Finlay (pt) Traducir, Aileen Finlay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX5577175 Dialnet: 3287338 Discogs: 3039928 Editar o valor em Wikidata


Ian Hamilton Finlay, nado en Nasáu, Bahamas, o 28 de outubro de 1925 e finado en Edimburgo, Escocia, o 27 de marzo de 2006, foi un poeta, xardineiro e escultor escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

"A orde de hoxe é a desorde de mañá", no Parque do Carmelo en Sant Just Desvern.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Finlay naceu nas Bahamas, fillo de pais escoceses. Foi educado na Dollar Academy en Dollar, Escocia. Aos 13 anos, debido ao comezo da Segunda guerra mundial, foi evacuado ás illas Orcadas. En 1942, uniuse ao Exército Británico.[1]

Ao final da guerra, Finlay traballou como pastor de ovellas, antes de empezar a escribir contos e poemas.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Finlay publicou varios libros, incluíndo The Sea Bed and Other Stories (1958) e The Dancers Inherit the Party (1960). Ademais, escribiu varias obras teatrais curtas, algunhas das cales foron transmitidas pola BBC.[1]

En 1963, Finlay publicou Rapel, a súa primeira colección de caligramas. Esta obra foi publicada case na súa totalidade pola súa propia editorial, Wild Hawthorn Press.

Escultura e xardinaría[editar | editar a fonte]

Así mesmo, Finlay empezou a inscribir os seus poemas en pedras e colocábaas no ambiente. Este tipo de ambientes foron usados extensivamente no seu xardín Little Sparta en Pentland Hills, preto de Edimburgo, onde vivía. Este xardín, cunha área de cinco acres, tamén inclúe esculturas convencionais e pequenos templos. Nunha enquisa realizada polo xornal Scotland on Sunday en 2004, cincuenta artistas profesionais elixiron a Little Sparta como o traballo artístico máis importante de Escocia, vencendo á Glasgow School of Art e a pintura The Skating Minister.[2] O historiador británico sir Roy Strong dixo que Little Sparta é "o único xardín realmente orixinal feito no país desde 1945."[3]

Finlay usou varios temas recorrentes nas súas obras, incluíndo referencias os escritores clásicos (especialmente Virxilio), á pesca e ao mar, así como un interese especial na Revolución francesa e a Segunda guerra mundial.

Obra en Galiza[editar | editar a fonte]

Petrarca XXXV, no Parque da Illa das Esculturas de Pontevedra.

Ian Hamilton Finlay, estaba afectado por agorafobia crónica, foi o único dos doce artistas internacionais que non viaxou a Pontevedra en 1999 para instalar a súa obra na Illa das Esculturas. A súa peza, "Petrarca", consiste en tres medallóns de lousa verde de Lugo gravados co nome de Francesco Petrarca e números romanos de sonetos do poeta italiano, simbolizando amor e soidade. Aínda que nunca visitou a súa obra, supervisou a instalación desde o seu estudio en Escocia.[4]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Finlay recibiu numerosos recoñecementos polo seu traballo. En 1985, estivo nomeado ao Premio Turner.[5] Así mesmo, recibiu doutoramentos honorarios da Universidade de Aberdeen (1987), a Heriot-Watt University (1993) e a Universidade de Glasgow e foi profesor honorario da Universidade de Dundee en 1999. En 2002, recibiu a Scottish Horticultural Medal da Royal Caledonian Horticultural Society e, en 2003, foi galardoado co Creative Scotland Award da Scottish Arts Council.[6] En 2002, Finlay foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico.[7]

Pasamento[editar | editar a fonte]

Morreu en Edimburgo en 2006, aos 80 anos.[8] Nos seus últimos anos, un derramo cerebral mellorou a súa fobia, permitindo que viaxase ocasionalmente, pero nunca chegou a visitar Pontevedra. Finlay estivo casado en dúas ocasións e foi sobrevivido por un fillo e unha filla.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Johnson, Ken (31 de marzo de 2006). "Ian Hamilton Finlay, 80, Poet and Conceptual Artist, Dies" (en inglés). The New York Times. Consultado o 8 de julio de 2009. 
  2. Cornwell, Tim (20 de junio de 2009). "Appeal to save 'Scotland's greatest artwork'" (en inglés). The Scotsman. Consultado o 9 de julio de 2009. 
  3. Gibbons, Fiachra (30 de mayo de 2003). "Penniless poet's vision that bloomed" (en inglés). The Guardian. Consultado o 9 de julio de 2009. 
  4. 4,0 4,1 "La trágica historia del único artista que se negó a visitar su obra dedicada al amor en la Illa das Esculturas". Pontevedra Viva (en castelán). 2023-02-10. Consultado o 2024-06-22. 
  5. "Turner Prize History" (en inglés). Tate. Arquivado dende o orixinal o 8 de febrero de 2009. Consultado o 9 de julio de 2009. 
  6. "Ian Hamilton Finlay CBE" (en inglés). Creative Scotland Awards. Arquivado dende o orixinal o 8 de octubre de 2007. Consultado o 9 de julio de 2009. 
  7. "Ian Hamilton Finlay" (en inglés). Little Sparta Trust. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 9 de xulio de 2009. 
  8. McNay, Michael (29 de marzo de 2006). "Obituary: Ian Hamilton Finlay" (en inglés). The Guardian. Consultado o 9 de julio de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]