Saltar ao contido

Caligrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caligrama
 Subclase de
 Coincidente
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX528629
Wikidata C:Commons

Un caligrama é un conxunto de palabras dispostas de tal xeito que forman unha imaxe relacionada tematicamente. Pode ser un poema, unha frase, unha parte da escritura ou unha soa palabra; a disposición visual pode depender dun certo uso da tipografía, da caligrafía ou xestualidade da escritura a man, por exemplo ao longo de liñas de texto non paralelas e curvas, ou en parágrafos con forma. A imaxe creada polas palabras ilustra o texto expresando visualmente o que di, ou algo estreitamente asociado; tamén pode, a propósito, mostrar algo contraditorio co texto ou ser enganoso, ou pode achegar pensamentos e significados adicionais ao texto.

Algúns exemplos de autores

[editar | editar a fonte]

Guillaume Apollinaire foi escritor de caligramas e autor dun libro de poemas chamado Calligrammes.[1]

Blaise Cendrars, contemporáneo de Apollinaire, tamén explorou a poesía visual.[2]

Vicente Huidobro: Poeta chileno que desenvolveu caligramas como parte do seu movemento creacionista.

Manuel Antonio, poeta galego das vangardas da xeración de 1925, afín ao creacionismo, tamén foi un profuso creador de caligramas.[3]

E. E. Cummings, coñecido pola súa poesía non convencional en canto a formato e gramática, tamén experimentou con poesía visual.

Dylan Thomas. O poeta galés experimentou ocasionalmente con disposicións visuais nos seus poemas.

Augusto de Campos e Haroldo de Campos: Ambos irmáns, foron poetas brasileiros asociados ao movemento da poesía concreta, que ten moito en común co caligrama.[4]

Ian Hamilton Finlay: Artista e poeta escocés que combinou poesía, explorando tamén a poesía concreta nada no Brasil, con escultura e xardinería, creando composicións visuais.[5]

Mary Ellen Solt: Esta poeta americana foi coñecida polos seus caligramas, especialmente por poesías que tomaban a forma de flores.[6]

José Juan Tablada escribiu un libro de caligramas en castelán titulado "Li-Po y otros poemas".[7]

Emmett Williams, artista e poeta asociado ao movemento Fluxus, creou poesía visual que xoga coa forma e o significado.[8]

Primeira edición de De catro a catro (1928) do poeta galego Manuel Antonio, autor de caligramas.

Eduardo Scala, é un artista plástico e poeta contemporáneo que se mergullou na creación de caligramas explorando a relación das artes e a lingüística.[9]


  1. "Calligrammes ; Poetry, Visual Art, Cubism". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 
  2. "The Textual-Visual Collaborations of Blaise Cendrars". Consultado o 2023-08-23. 
  3. Medrano, Carlos L. (23 de maio de 2013). "xogosdelingua: A arte caligramática de Manuel Antonio". xogosdelingua. Consultado o 2023-08-23. 
  4. "Campos, Haroldo de; and Campos, Augusto de ; Modernist Poets, Brazilian Poetry & Concrete Poetry". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 
  5. "A tráxica historia do único artista que se negou a visitar a súa obra dedicada ao amor na Illa das Esculturas". Pontevedra Viva. 2023-02-10. Consultado o 2023-08-23. 
  6. "Electronic Poetry Center". writing.upenn.edu. Consultado o 2023-08-23. 
  7. "Li-Po y otros poemas". www.tablada.unam.mx. Consultado o 2023-08-23. 
  8. "Emmett Williams: del Ultimate Poem al IBM Poem (pasando por la Sinfonía alfabética) ⭐ Sociedad Lunar". Sociedad Lunar (en castelán). 2009-01-23. Consultado o 2023-08-23. 
  9. Marcos, Javier Rodríguez (2020-10-24). "“Lo malo apasionado gusta mucho. La poesía es otra cosa”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-08-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]