Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forzas Armadas do Reino Unido
Instancia de
Nome orixinal
British Armed Forces (en)
Fundación / creación
1707
Wikidata C:Commons
As Forzas Armadas do Reino Unido , coñecidas como as Forzas Armadas británicas ou Forzas Armadas da Súa Maxestade , e ás veces de forma oficial como as Forzas Armadas da Coroa , abarca unha mariña de guerra (a Mariña Real Británica ), un exército (o Exército británico ), e unha forza aérea (a Royal Air Force ). O seu Comandante en Xefe é o monarca británico . En total as forzas armadas británicas contan con 512 630 combatentes .
A historia militar británica é longa, complexa e moi influente na historia mundial, especialmente desde o século XVII . Conflitos importantes nos que os británicos tomaron parte son a Guerra dos Sete Anos e as Guerras Napoleónicas do século XVIII e principios do século XIX , a Guerra de Crimea na metade do século XIX e a primeira e segunda guerra mundial do século XX . O Imperio británico , o cal alcanzou o seu auxe nos anos 1920. Desde o final da segunda guerra mundial, as Forzas Armadas británicas seguiron estando moi activas e conservan bases que se estenden ao redor do mundo en lugares como Chipre , Alemaña , Xibraltar , Brunei e as illas Malvinas .
A estrutura actual da dirección da defensa no Reino Unido empeza en 1964 cando o moderno ministro de Defensa (MoD) foi creado (unha forma máis evolucionada da que existía desde 1940 ). O ministro de Defensa asume as funcións de almirante, ministro da Guerra e ministro do Aire.