Homínidos
Homínidos[1] Rango fósil: 7-0 Millóns de anos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un Humano (Homo sapiens) e un Chimpancé (Pan troglodytes) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xénero | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Os homínidos son os membros da familia taxonómica Hominidae (os "grandes simios"). Das especies actualmente presentes inclúe a:
- os humanos, con 1 especie viva
- os chimpancés, con 2 especies vivas
- os gorilas, con 2 especies vivas
- os orangutáns, con 2 especies vivas
Esta clasificación ten sido revisada varias veces nas últimas décadas, o que levou a un uso variado da palabra "homínido"[2]. O significado orixinal de Hominidae referíase tan só ao significado moderno de Hominina: os "humanos ou especies máis achegadas ca os chimpancés". O significado do termo cambiou gradualmente, ata o significado moderno de "homínido", que inclúe a tódolos grandes simios.
Un amplo número de xéneros extintos están clasificados a canda os humanos na subfamilia Homininae, mentres que outros cos orangutáns na subfamilia Ponginae. O antecesor máis recente dos Hominidae viviu hai 14 millóns de anos[3], cando os orangutáns se especiaron dos antecesores dos outros tres xéneros[4] Os devanceiros da familia Hominidae xa se tiñan especiado a partir da familia de Hylobatidae, seguramente arredor de hai 15-20 millóns de anos atrás[4][5].
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Historia da taxonomía
[editar | editar a fonte]A clasificación dos grandes simios foi revisada e esbozada de novo varias veces nas últimas décadas. Esas revisións derivaron no uso da palabra "homínido" con diferentes significados. O termo orixinal "Hominidade" referíase só aos actualmente clasificados como Hominini, que son só os humanos e os seus máis achegados antecesores. O significado deste taxon cambiouse ata chegar a ser o termo que abrangue a todos os grandes simios e humanos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Especies actuais
[editar | editar a fonte]Das especies actualmente existentes, a clasificación aceptada é a clasificación das sete especies vivas en catro xéneros:
- Familia Hominidae: humanos e outros grandes primates; os xéneros e especies extintas non aparecen na lista.[1]
- Subfamilia Ponginae
- Tribo Pongini
- Xénero Pongo
- Orangután de Borneo, Pongo pygmaeus
- Pongo pygmaeus pygmaeus
- Pongo pygmaeus morio
- Pongo pygmaeus wurmbii
- Orangután de Sumatra, Pongo abelii
- Orangután de Borneo, Pongo pygmaeus
- Xénero Pongo
- Tribo Pongini
- Subfamilia Homininae
- Tribo Gorillini
- Tribo Hominini
- Subtribo Panina
- Xénero Pan
- chimpancé, Pan troglodytes
- Chimpancé central, Pan troglodytes troglodytes
- Chimpancé occidental, Pan troglodytes verus
- Chimpanzé da Nigéria Camerún, Pan troglodytes ellioti
- Chimpancé oriental, Pan troglodytes schweinfurthii
- Bonobo , Pan paniscus
- chimpancé, Pan troglodytes
- Xénero Pan
- Subtribo Hominina
- Xénero Homo
- Humano, Homo sapiens
- Humanos anatomicamente modernos, Homo sapiens sapiens
- Humano, Homo sapiens
- Xénero Homo
- Subtribo Panina
- Subfamilia Ponginae
Fósiles
[editar | editar a fonte]Ademais das actualmente presentes, hai restos fósiles de numerosas especies. Abaixo móstrase a taxonomía destas[6]
Familia Hominidae
- Subfamilia Ponginae[7]
- Tribo Lufengpithecini†
- Lufengpithecus
- Lufengpithecus lufengensis
- Lufengpithecus keiyuanensis
- Lufengpithecus hudienensis
- Lufengpithecus
- Tribo Sivapithecini†
- Ankarapithecus
- Ankarapithecus meteai
- Sivapithecus
- Sivapithecus brevirostris
- Sivapithecus punjabicus
- Sivapithecus parvada
- Sivapithecus sivalensis
- Sivapithecus indicus
- Gigantopithecus
- Gigantopithecus bilaspurensis
- Gigantopithecus blacki
- Gigantopithecus giganteus
- Ankarapithecus
- Tribo Pongini
- Khoratpithecus†
- Khoratpithecus ayeyarwadyensis
- Khoratpithecus piriyai
- Khoratpithecus chiangmuanensis
- Pongo (orangutáns)
- Pongo hooijer†
- Khoratpithecus†
- Tribo Lufengpithecini†
- Subfamilia Homininae[8][9]
- Tribo Dryopithecini†
- Pierolapithecus†
- Pierolapithecus catalaunicus
- Udabnopithecus†
- Udabnopithecus garedziensis
- Graecopithecus (?=Ouranopithecus)† (en debate a súa posición taxonómica)
- Graecopithecus freybergi (?=Ouranopithecus macedoniensis)
- Otavipithecus†
- Otavipithecus namibiensis
- Morotopithecus†
- Morotopithecus bishopi
- Oreopithecus (posición en debate)
- Oreopithecus bambolii
- Nakalipithecus
- Nakalipithecus nakayamai
- Anoiapithecus
- Anoiapithecus brevirostris
- Dryopithecus
- Dryopithecus wuduensis
- Dryopithecus fontani
- Dryopithecus brancoi
- Dryopithecus laietanus
- Dryopithecus crusafonti
- Pierolapithecus†
- Rudapithecus†
- Rudapithecus hungaricus
- Samburupithecus†
- Samburupithecus kiptalami
- Tribo Gorillini
- Chororapithecus † (posición en debate)
- Chororapithecus abyssinicus
- Chororapithecus † (posición en debate)
- Tribo Hominini
- Subtribo Hominina
- Sahelanthropus† (status de hominini amplamente problemático)
- Sahelanthropus tchadensis
- Orrorin†
- Orrorin tugenensis
- Ardipithecus†
- Ardipithecus ramidus
- Ardipithecus kadabba
- Kenyanthropus† (posición en debate)
- Kenyanthropus platyops
- Praeanthropus†[10]
- Australopithecus†
- Paranthropus†
- Homo – antecesores directos dos humanos
- Sahelanthropus† (status de hominini amplamente problemático)
- Subtribo Hominina
- Tribo Dryopithecini†
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Groves, Colin (2005). Wilson, D. E.; Reeder, D. M. eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press. páx. 181–184.
- ↑ White, Tim D; Asfaw, Berhane; Beyene, Yonas; Haile-Selassie, Yohannes; Lovejoy, C. Owen; Suwa, Gen & WoldeGabriel, Giday (2009). "Ardipithecus ramidus and the Paleobiology of Early Hominids". Science 326 (5949): 64–86. PMID 19810190. doi:10.1126/science.1175802.
- ↑ Andrew Hill & Steven Ward (1988). "Origin of the Hominidae: The Record of African Large Hominoid Evolution Between 14 My and 4 My". Yearbook of Physical Anthropology 31 (59): 49–83. doi:10.1002/ajpa.1330310505.
- ↑ 4,0 4,1 Dawkins R (2004) The Ancestor's Tale.
- ↑ "Query: Hominidae/Hylobatidae". Time Tree. 2009. Consultado o December 2010.
- ↑ Haaramo, Mikko (2005-01-14). "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive.
- ↑ Haaramo, Mikko (2004-02-04). "Pongidae". Mikko's Phylogeny Archive.
- ↑ Haaramo, Mikko. "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive.
- ↑ Haaramo, Mikko. "Hominidae". Mikko's Phylogeny Archive.
- ↑ "Paleodb". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2013.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Homínidos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Homínidos |