Harry Potter: Quidditch World Cup
Harry Potter: Quidditch World Cup (en galego, Harry Potter: a Copa do Mundo de Quidditch) é un videoxogo producido por EA Games que trata sobre o deporte ficticio do quidditch, pertencente ao mundo máxico de Harry Potter. Os xogadores compiten pola Copa de quidditch de Hogwarts (xogada entre os equipos de Gryffindor, Slytherin, Hufflepuff e Ravenclaw) para despois intentar gañar a Copa Mundial de quidditch (competida entre os equipos dos EEUU, Inglaterra, Francia, Alemaña, Escandinavia, Xapón, España, Australia e Bulgaria). Os equipos tiveron moitas críticas principalmente por non haber presenza de Irlanda, que gañaron a Copa Mundial no cuarto libro.
Personaxes destacados do videoxogo[editar | editar a fonte]
Lista de xogadores de Hogwarts[editar | editar a fonte]
Grazas a este videoxogo coñecemos os nomes dalgúns personaxes que non se nomean nos libros (está ambientado no terceiro ano de Harry. Esta é a lista:
Gryffindor[editar | editar a fonte]
- Angelina Johnson (Cazador)
- Katie Bell (Cazador)
- Alicia Spinnet (Cazador)
- Fred Weasley (Bateador)
- George Weasley (Bateador)
- Oliver Wood (Gardián)
- Harry Potter (Buscador)
Ravenclaw[editar | editar a fonte]
- Jeremy Stretton (Cazador)
- Roger Davies (Cazador)
- Randolph Bone (Cazador)
- Duncan Inglebee (Bateador)
- Jason Samuels (Bateador)
- Grant Page (Gardián)
- Cho Chang (Buscador)
Hufflepuff[editar | editar a fonte]
- Malcolm Preece (Cazador)
- Heidi Macavoy (Cazador)
- Tamsin Applebee (Cazador)
- Maxine O'Flaherty (Bateador)
- Anthony Rickett (Bateador)
- Herbert Fleet (Gardián)
- Cedric Diggory (Buscador)
Slytherin[editar | editar a fonte]
- Marcus Flint (Cazador)
- Graham Montague (Cazador)
- Adrian Pucey (Cazador)
- Lucian Bole (Bateador)
- Peregrin Derrick (Bateador)
- Kevin Bletchley (Gardián)
- Draco Malfoy (Buscador)
Equipos da Copa do Mundo[editar | editar a fonte]
Os seguintes equipos internacionales están incluídos no videoxogo:
- EEUU (o estadio local está situado na área de Nova Inglaterra).
- Inglaterra (o estadio está localizado nun vello castelo británico cuberto por hedras).
- Xapón (o estadio está ambientado nun palacio cun estanque substituíndo o campo e os soportes de gol).
- Alemaña (o estadio parece unha cidade medieval).
- Francia (o estadio parece o palacio de Versalles, con xardíns cubrindo o campo).
- Australia (o estadio está situado nun inestable canón escondido en Uluru).
- Escandinavia (o estadio do equipo nórdico está localizado nun enorme glaciar).
- España (o estadio parécese a unha praza de touros).
- Bulgaria (o estadio está sobre un lago conxelado arrodeado por agullas xeladas).