The Tales of Beedle the Bard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Tales of Beedle the Bard
Deathly Hallows Sign.svg
Símbolo das reliquias da morte
Título orixinal The Tales of Beedle the Bard
Autor J. K. Rowling
Ilustrador J. K. Rowling
Lingua Inglés
Xénero(s) Fantasía
Editorial Flag of the United Kingdom.svg Bloomsbury
Data de pub. 4 de decembro de 2008
Páxinas 157
ISBN ISBN 978-84-9838-195-5

The Tales of Beedle the Bard (en galego, Os contos de Beedle o bardo) é un libro de relatos para nenos escrito pola autora británica J. K. Rowling. Foi mencionado por primeira vez no sétimo libro do ciclo novelístico Harry Potter e, mediante o recurso da metaficción,[1] a autora fíxoo pasar por un libro real que tería sido escrito no sécuo XV por Beedle, recoñecido autor na literatura dos magos do universo ficticio "Harry Potter".[2][3]

O libro foi escrito por Rowling trala publicación de Harry Potter e as reliquias da morte; a autora non ideou este libro co obxectivo de publicalo senón que produciu unha edición limitada de só sete copias feitas a man.[4] Os volumes contaron con ilustracións realizadas pola mesma autora e un deles ofreceuse unha poxa no ano 2007, sendo adquirido polo sitio web Amazon.com.[5][6] O portal de vendas on-line pagou 1,95 millóns de libras esterlinas (3,98 millóns de dólares) polo exemplar, converténdose dese xeito no manuscrito literario moderno que maior cotización conseguiu nunha poxa. Os cartos recadados destináronse á campaña de caridade The Children's Voice, que preside Rowling xunto con Emma Nicholson, baronesa de Winterbourne.[7]

Dada a crecente demanda por coñecer o texto por parte dos seguidores da saga Harry Potter, a autora aceptou publicar a colección de contos o 4 de decembro de 2008 a nivel mundial. O recadado destinouse á organización Children's High Level Group.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Davis, p. 3.
  2. Iqbal, Razia (1 de novembro de 2007). «Rowling remata un "anexo" de Potter». BBC mundo.com (Inglaterra: BBC). Consultado o 4 de abril de 2009. 
  3. Rowling. Harry Potter and the Deathly Hallows.
  4. «Rare JK Rowling book fetches £2m». BBC News (en inglés) (Inglaterra). 13 de decembro de 2007. Consultado o 2 de abril de 2009. 
  5. «Amazon admits to record Harry Potter bid». The Telegraph (en inglés) (Inglaterra: Telegraph.co.uk). 14 de decembro de 2007. Consultado o 2 de abril de 2009. 
  6. «Amazon says it bought £2m Rowling book as "thank you"». The Times (en inglés). Inglaterra: Timesonline.co.uk. 14 de decembro de 2007. Consultado o 2 de abril de 2009. 
  7. «Never-Before-Told Wizarding Stories by J. K. Rowling Sell at Sotheby's for £1,950,000». Children's High Level Group (en inglés) (Inglaterra: Chlg.co.uk). 13 de decembro de 2008. Consultado o 2 de abril de 2009. 
  8. «New Harry Potter Out In December». Booktrade (en inglés). Inglaterra: Booktrade.info. 31 de xullo de 2008. Consultado o 2 de abril de 2009. 
  9. «J. K. Rowling’s Children’s Charity to Publish The Tales of Beedle the Bard on 4 December 2008». Scholastic Inc (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Davis, Graeme. Exploring Beedle the Bard: Unauthorized, Pithy, Tale-By-Tale Perspectives. Nimble Books LLC: Londres, 2008. ISBN 978 1934840795

Outros artigos[editar | editar a fonte]