Finding Neverland
| Finding Neverland | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Cor
| |||||
| Autoría | |||||
|
Creador/a
| |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
|
Actores
Kate Winslet (Sylvia Llewelyn Davies)
Johnny Depp (James Matthew Barrie) Joe Prospero (Jack Llewelyn Davies (en) Ian Hart (Arthur Conan Doyle) Toby Jones Angus Barnett Luke Spill Kate Maberly (pt) Tobias Menzies Jane Booker Mackenzie Crook Eileen Essel Kelly Macdonald Julie Christie Radha Mitchell Jimmy Gardner Dustin Hoffman Nick Roud Freddie Highmore Paul Whitehouse | |||||
| Temática | |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Ambientado en
| |||||
|
Inspirado na obra de
| |||||
|
Obra derivada
| |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
| |||||
|
País de orixe
| |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Recadación
| |||||
|
Custo
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Puntuación da crítica
67/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
83% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024) 7.5/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) | |||||
|
Premios
| |||||
|
Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (25 de xaneiro de 2005)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (25 de xaneiro de 2005) Óscar ó mellor deseño de produción (25 de xaneiro de 2005) Óscar ó mellor guión adaptado (25 de xaneiro de 2005) Óscar ó mellor actor (25 de xaneiro de 2005) Óscar á mellor montaxe (25 de xaneiro de 2005) Óscar á mellor banda sonora (25 de xaneiro de 2005) | |||||
| Dimensións | |||||
|
Duración
| |||||
| Localizacións | |||||
|
Colección
| |||||
|
Localización rodaxe
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata | |||||
Finding Neverland é unha película de 2004 dirixida por Marc Forster. Conta a experiencia de J. M. Barrie escribindo o clásico infantil Peter Pan.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Sir James Matthew Barrie é un escritor de obras de teatro. Cando as súas obras xa non reciben boas críticas decide escribir unha nova historia. Mentres está no parque coñece a Sylvia Llewelyn Davies e os seus fillos, Peter, Jack, George e Michael. Peter é o único ao que parece non agradar James. Barrie crea unha grande amizade coa familia, pero non é ben vista pola súa esposa Mary nin pola nai de Sylvia.
O escritor e a familia pasan un magnífico verán xuntos no cal os mozos e el mesmo aprenden moitas cousas xuntos. Especialmente Peter, con quen J.M. Barrie crea un gran lazo de amizade, inseparable. Unha vez, no campo, de paseo, Sylvia comeza a tusir descontroladamente e descóbrese que posúe un problema pulmonar, pero decide non someterse a medicacións nin tratamentos.
A esposa de James cánsase de ter que compartir o seu marido con outra familia e decide deixalo. Sylvia empeora rapidamente, chegando a un punto no cal xa non hai moitas esperanzas.
Barrie escribe unha extraordinaria obra inspirada nas súas experiencias xunto á familia de Sylvia, sendo Peter o protagonista da historia. A obra é todo un éxito, cativando o público coa fantasía e as orixinais personaxes.
A saúde de Sylvia non mostra ningún cambio. A noite da estrea o señor Barrie vai buscala, a pedirlle que deixe de finxir que nada pasa. Pero ela dálle a entender que a súa hora está a chegar e é irremediable. Así é como un día George pídelle á súa nai que baixe ao salón e alí atópase coa mesmísima obra, na casa. Ao final, un pano despréndese da parede da casa e detrás del atópase Nunca xamais. Sylvia entra alí e aí é onde morre, debuxando esa morte tras unha estadía eterna en Nunca xamais. James e a señora Llewelyn Davis comparten a tutela dos nenos de Sylvia.
Diferenzas
[editar | editar a fonte]As diferenzas entre historia real e a película son:
- Había cinco nenos no canto de catro.
- O esposo de Sylvia aínda estaba vivo cando Barrie coñece a familia.
- Sylvia morreu seis anos despois da estrea da obra.
Premios
[editar | editar a fonte]| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Oscar a mellor película | Candidata | |
| Oscar ao mellor guión adaptado | David Magee | Candidato |
| Óscar ao mellor actor | Johnny Depp | Candidato |
| Óscar a mellor banda sonora | Jan A.P. Kaczmarek | Gañador |
| Oscar ao mellor deseño de vestiario | Alexandra Byrne | Candidata |
| Oscar a mellor dirección de arte | Gemma Jackson | Candidata |
| Óscar ao mellor montaxe | Thelma Schoonmaker | Candidata |