Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (videoxogo)
Harry Potter and the Prisoner of Azkaban | |
---|---|
Desenvolvedor(es) |
|
Distribuidora(s) | EA Games |
Compositor(es) | Jeremy Soule |
Motor | Unreal Engine 2 (PC) RenderWare (consola) |
Lanzamento | Game Boy Advance e Microsoft Windows: América do Norte: 25 de maio de 2004 29 de maio de 2004 GameCube, PlayStation 2 e Xbox: 29 de maio de 2004 América do Norte: 2 de xuño de 2004 |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI |
Plataforma(s) | |
Serie | Harry Potter |
Na rede | |
http://harrypotter.ea.com/cofs/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Harry Potter and the Prisoner of Azkaban é o terceiro videoxogo da serie de Harry Potter, que foi lanzado á venda no 2004, simultaneamente coa estrea do filme co esmo nome, Harry Potter e o preso de Azkaban. Ámbalas dous cousas, o xogo e o filme, están baseados na terceira novela da saga Harry Potter, de J. K. Rowling. O xogo foi creado para PC (Windows), Game Boy Advance, Xbox, GameCube e PlayStation 2.
Argumento
[editar | editar a fonte]- Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e o preso de Azkaban.
Harry, Ron e Hermione entéranse de que un perigoso home, Sirius Black, escapou do cárcere para magos, Azkaban, e que está, supostamente, buscando a Harry para matalo. Os tres amigos dominan os feitizos necesarios para facer fronte a Black. Porén, Black non é tan malo como aparenta: foi culpado dos asasinatos de trece persoas facía trece anos, pero o verdadeiro asasino, Peter Pettigrew, está escondido co disfrace do rato mascota de Ron, Scabbers. Xunto con Remus Lupin e Black, Harry, Ron e Hermione desenmascaran a Pettigrew. Usando un xiratempos, Harry e Hermione volven atrás no pasado e rescatan o hipogrifo de Hagrid, Buckbeak, e utilízano tamén para rescatar a Black.
Personaxes cos que se pode xogar
[editar | editar a fonte]- Versión para PC:
(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo os feitizos Alohomora, Depulso, Lumos, Espongificación e Rictusempra).
- Harry Potter obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Expecto Patronum e Glacius.
- Hermione Granger aprende dous feitizos: Draconifors e Lapifors.
- Ron Weasley só aprende un feitizo ao longo do xogo: Carpe Retractum.
- Versión para consola:
(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo o feitizo Flipendo).
- Harry Potter é o único que pode saltar, ademais de ser o que poder correr máis rápido. Obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Carpe Retractum e Expecto Patronum.
- Hermione Granger e a única que pode pasar a través de espazos pequenosis e sabe a meirande parte dos feitizos: Glacius, Reparo, Draconifors e Snufflifors.
- Ron Weasley é o único que pode pasadizos segredos e usar pelotas de cheiros noxentos e bombas de esterco. Durante o xogo só aprende o feitizo: Lumos Duo.
- Dean Thomas, Neville Longbottom, Parvati Patil, Draco Malfoy, Vincent Crabbe, Gregory Goyle, Ravenclaw; pódese xogar con todos os estudantes de Hufflepuff e Slytherin no minixogo do "Club de Duelo". Os únicos feitizos que saben son: Flipendo e Expelliarmus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (PC) en MobyGames (en inglés)
- Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (Game Boy Advance) en MobyGames (en inglés)
- Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (GameCube, PlayStation 2, Xbox) en MobyGames (en inglés)
- Videoxogos de Harry Potter
- Videoxogos de 2004
- Videoxogos de Electronic Arts
- Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido
- Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América
- Videoxogos de Game Boy Advance
- Videoxogos de Nintendo GameCube
- Videoxogos de PlayStation 2
- Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment
- Videoxogos de Windows
- Videoxogos de Xbox
- Videoxogos baseados en filmes