Saltar ao contido

Harry Potter and the Order of the Phoenix (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter and the Order of the Phoenix
 Instancia de
 Baseado en
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Universo ficticio
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Compositor/a
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
25 de maio de 2008 (Xapón)
13 de xullo de 2007 (Vietnam)
25 de xuño de 2007 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/026lkl_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
65/100 Kritikanstvo Editar o valor en Wikidata
Clasificación
PEGI
USK
IMDB: tt0944836 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Harry Potter and the Order of the Phoenix é un videoxogo que se basea no quinto libro da popular saga Harry Potter de J. K. Rowling e máis na adaptación cinematográfica. O xogo foi creado para Game Boy Advance, Microsoft Windows, Nintendo DS, PlayStation 2,[1] PlayStation 3, PlayStation Portable, Xbox 360, Wii e Mac OS X.[2] Foi posto á venda o 25 de xuño de 2007 nos Estados Unidos, o 28 de xuño en Australia e o 29 de xuño no Reino Unido e Europa para PlayStation 3, PSP, PlayStation 2, Windows e o 3 de xullo para a maioría das demais plataformas.

Modo de xogo

[editar | editar a fonte]

O tema do xogo é explorar Hogwarts e seguir a historia do libro e do filme. EA Games fomentou a participación dos fans no desenvolvemento do xogo, así que traballaron cun consello de fans. Porén, a diferenza do xogo anterior (Cáliz de fogo) que era de acción-orientada, desta vez a aventura está no estilo de sandbox. Similar a Grand Theft Auto e Bully, no que Hogwarts é completamente explorable a meirande parte do tempo, e onde hai "puntos para descubrir", os cales proporcionan recompensas para o xogador, que pode ser activados ao completar misións en equipo. Ademais, durante o xogo, hai batallas entre un grupo de estudantes, como se mostra no tráiler do xogo.

Argumento

[editar | editar a fonte]
Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e a Orde do Fénix.

Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger volven á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, e alí descobren que a meirande parte da comunidade máxica non cre que o retorno de Lord Voldemort sexa certo, tal e como Harry dixo.

Personaxes cos que se pode xogar

[editar | editar a fonte]

(Cos seguintes personaxes de embaixo só se xoga durante unha misión).

Feitizos que se usan no xogo

[editar | editar a fonte]

Feitizos para combater

[editar | editar a fonte]
  • Expelliarmus, úsase para desarmar ao apoñente (facendo que a súa variña quede fóra do seu alcance).
  • Protego, úsase para desviar os feitizos que che lanzan.
  • Rictusempra, é un poderoso e veloz feitizo.
  • Petrificus Totalus, paraliza o opoñente.
  • Levicorpus, úsase para elevar o corpo do opoñente e cara a arriba e cara a baixo.
  • Expecto Patronum, úsase ao principio contra os dementores, e nunha reunión do Exército de Dumbledore, pero non se usa máis durante o xogo.

Feitizos cos que non se combate

[editar | editar a fonte]
  • Reparo, serve para reparar algunhas cousas estragadas ou rotas.
  • Wingardium Leviosa, úsase para leventar obxectos no aire.
  • Depulso, úsase para empurrar obxectos que impiden o paso.
  • Accio, úsase para convocar obxectos e facer que veñan cara a ti voando.
  • Reducto, úsase para destruír obxectos.
  • Incendio, úsase para queimar obxectos.
  1. "EA : Harry Potter : Order of the Phoenix" - "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 2007-07-04. - Consultado o 7 de abril de 2007
  2. "EA : Harry Potter : Order of the Phoenix" - "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2007. Consultado o 2007-07-05. - Consultado o 7 de abril de 2007

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]