Saltar ao contido

Harry Potter e o misterio do príncipe (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter e o misterio do príncipe

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Forma artísticalongametraxe Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme de fantasía e filme baseado nunha novela Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
FranquíaWizarding World Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aDavid Yates Editar o valor en Wikidata
Compositor/aNicholas Hooper Editar o valor en Wikidata
GuionistaSteve Kloves Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaBruno Delbonnel Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineMark Day Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónStuart Craig Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioJany Temime Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enLondres, Escocia e Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Baseado enHarry Potter e o misterio do príncipe Editar o valor en Wikidata
Inspirado na obra deJ. K. Rowling Editar o valor en Wikidata
Universo ficticioUniverso de Harry Potter Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América e Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Produtor/aDavid Heyman e David Barron Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoLionel Wigram Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraWarner Bros., Heyday Films e Warner Bros. Pictures Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros., InterCom e Netflix Editar o valor en Wikidata
Recadación933.959.197 $ e 302.334.374 $ Editar o valor en Wikidata
Custo250.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Parte da serieHarry Potter Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 27 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeLondres, Hertfordshire e Catedral de Gloucester Editar o valor en Wikidata
Premios
Clasificación
Contacto
Páxina WEBharrypotter.warnerbros.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0417741 Filmaffinity: 570442 Allocine: 116305 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_half_blood_prince Mojo: harrypotter6 Allmovie: v357831 TCM: 676931 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-half-blood-prince TV.com: movies/harry-potter-and-the-half-blood-prince Netlix: 70099612 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] Commons ]

Harry Potter e o misterio do príncipe (en inglés: Harry Potter and the Half-Blood Prince) é un filme de fantasía e drama[1] dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron.[2] A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses.[3] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía,[4] que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar.[5] O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.

Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.

No sexto ano de Harry en Hogwarts, Lord Voldemort e os Devoradores da Morte aumentan o terror que provocan na poboación máxica e muggle. Albus Dumbledore persuade un vello amigo Horace Slughorn para que regrese a Hogwarts como profesor; non obstante, Dumbledore ten unha razón importante para que Slughorn cubra a vacante. Durante unha clase de Apócemas, Harry toma posesión dun libro de texto pertencente ao "Príncipe Mestizo" e cheo de anotacións ás marxes. Entrementres, Dumbledore e Harry manteñen reunións secretas co obxectivo de descubrir como destruír a Voldemort definitivamente.

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

A banda sonora de Harry Potter e o misterio do príncipe lanzouse ao mercado o 14 de xullo de 2009. As pezas musicais foron compostas por Nicholas Hooper e dirixidas por Hooper e Alastair King. É a segunda banda sonora dun filme da saga Harry Potter feita por Hooper, que xa se encargara do filme anterior, Harry Potter e a Orde do Fénix. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película.

"Dumbledore's Farewell" emprégase de novo en Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) durante as escena na que Harry ve os recordos de Snape no pensadoiro.

Lista de pistas
  1. "Opening" - 2:53
  2. "In Noctem" - 2:00
  3. "The Story Begins" - 2:05
  4. "Ginny" - 1:30
  5. "Snape & the Unbreakable Vow" - 2:50
  6. "Wizard Wheezes" - 1:42
  7. "Dumbledore's Speech" - 1:31
  8. "Living Death" - 1:55
  9. "Into the Pensieve" - 1:45
  10. "The Book" - 1:44
  11. "Ron's Victory" - 1:44
  12. "Harry & Hermione" - 2:52
  13. "School!" - 1:05
  14. "Malfoy's Mission" - 2:53
  15. "The Slug Party" - 2:11
  16. "Into the Rushes" - 2:33
  17. "Farewell Aragog" - 2:08
  18. "Dumbledore's Foreboding" - 1:18
  19. "Of Love & War" - 1:17
  20. "When Ginny Kissed Harry" - 2:38
  21. "Slughorn's Confession" - 3:33
  22. "Journey to the Cave" - 3:08
  23. "The Drink of Despair" - 2:44
  24. "Inferi in the Firestorm" - 1:53
  25. "The Killing of Dumbledore" - 3:34
  26. "Dumbledore's Farewell" - 2:22
  27. "The Friends" - 2:00
  28. "The Weasley Stomp" - 2:51
  1. "Warner Bros. Shop: Harry Potter and the Half-Blood Prince. Genre: fantasy-drama". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  2. "Daniel Radcliffe, Rupert Grint and Emma Watson to Reprise Roles in the Final Two Installments of Warner Bros. Pictures' Harry Potter Film Franchise". Warner Bros. 23 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2007. 
  3. "Harry Potter and the Half-Blood Prince (2009)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de maio de 2010. 
  4. "Nominees & Winners for the 82nd Academy Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. AMPAS. Consultado o 26 de abril de 2010. 
  5. "Film Awards Winners: 2010". British Academy of Film and Television Arts. 21 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 4 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]