Saltar ao contido

Precuela de Harry Potter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Precuela de Harry Potter
Tipoobra literaria Editar o valor en Wikidata
Forma artísticaconto Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofantasía Editar o valor en Wikidata
FranquíaWizarding World Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aJ. K. Rowling Editar o valor en Wikidata
Creador/aJ. K. Rowling Editar o valor en Wikidata
Temática
Universo ficticioUniverso de Harry Potter Editar o valor en Wikidata
Publicación
Lugar publicaciónReino Unido Editar o valor en Wikidata
País orixeReino Unido Editar o valor en Wikidata
Parte da serieHarry Potter Editar o valor en Wikidata
Datas
Data de creación2008 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Dimensións
Páxinas2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A precuela de Harry Potter é unha historia de 800 palabras escrita por J. K. Rowling e publicada na rede o 11 de xuño de 2008. Situada tres anos antes do nacemento de Harry Potter, a acción narra unha anécdota de Sirius Black e James Potter.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Dous axentes da policía muggle, o oficial Anderson e o sarxento Fisher, van á caza dunha motocicleta que supera o límite de velocidade nunha travesa sen saída. Enfróntanse aos dous mozos que van na moto e pídenlles os nomes. Despois dalgunhas bromas, os cativos preséntanse como Sirius Black e James Potter. Mentres os policías intentan arrestalos por conducir superando o límite de velocidade e sen o casco, aparecen voando sobre vasoiras tres Devoradores da Morte que se dirixen cara a eles. James e Sirius usan as súas variñas para elevar o coche dos policías e empregalo de barreira, contra a que impactan os tres meigos. Despois de facelo, Sirius e James foxen e deixan aos policías asustados na canella.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]