Saltar ao contido

Michael Gambon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Michael Gambon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Dublín Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Witham Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art
St Aloysius RC College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de teatro (1962–2023), actor de dobraxe, actor de televisión, actor de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoComedia shakespeariana Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Miller (1962–2002), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0002091 Allocine: 11850 Rottentomatoes: celebrity/michael_gambon Allmovie: p25729 TCM: 68056 Metacritic: person/michael-gambon IBDB: 41719
BNE: XX1266138 Musicbrainz: 71d7f8ff-305d-478e-8ca9-dc6ef1f37aa8 Discogs: 236184 WikiTree: Gambon-20 Find a Grave: 260130175 Editar o valor en Wikidata

Sir Michael John Gambon, OBE, nado en Dublín, Irlanda, o 19 de outubro de 1940 e finado en Witham o 27 de setembro de 2023, foi un actor británico de orixe irlandesa[1] que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris.

Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony. A súa carreira abrangue case 5 décadas e inclúe unha gran variedade de papeis de teatro, televisión e cine.

En 1998, a raíña Sabela II nomeouno coa Orde do Imperio Británico. En 2020, apareceu no posto 28 da lista de mellores actores irlandeses segundo The Irish Times.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gambon naceu o 19 de outubro de 1940[3] en Cabra, un suburbio ó norte de Dublín, durante a segunda guerra mundial.[4] O seu pai, Edward Gambon, un enxeñeiro,[5] decidiu procurar traballo na reconstrución de Londres, e así Gambon e a súa nai, Mary Gambon (Hoare de solteira), unha costureira, trasladáronse a Mornington Crescent, ó norte de Londres, cando Gambon tiña só 5 anos.

Adquiriu a Cidadanía Británica por orde do seu pai e recibiu unha estrita educación católica.[6] Anos máis tarde asistiu a unha escola de Kent, antes de deixar os estudos ós 15 anos.[7] Gañou unha bolsa con Vickers Armstrong para ser enxeñeiro e así seguir as pegadas do seu pai. O tempo dedicado foi até os dezasete anos, mais logrou ser un enxeñeiro plenamente cualificado, aínda que só mantivo o posto de traballo dous anos, xa que se sentía atraído pola interpretación.

Á idade de dezanove anos graduouse na Royal Academy of Dramatic Art (RADA), en Londres e máis tarde incorporouse á compañía de teatro de Kings Cross. Cinco anos máis tarde, escribiu unha carta a Michael MacLiammoir, o empresario irlandés do Gate Theatre, en Dublín, para facer alí as súas primeiras representacións.

Fixo o seu debut profesional en 1962, con Otelo (a súa obra predilecta), comezando despois unha xira por Europa. Un ano máis tarde, fixo o seu primeiro papel protagonista en Ricardo III. Sir Laurence Olivier, tras asistir á representación de Ricardo III, ofreceulle a oportunidade de ser un dos oito membros fundadores do novo Royal National Theatre, en Londres, coñecido entón como Olivier Theatre.

Gambon foi contratado para tomar parte en diversas producións. A máis coñecida e premiada foi Hamlet, dirixida por Olivier e protagonizada por Peter O´Toole. Permaneceu durante catro anos como secundario e protagonista en moitas producións de teatro, algunhas delas coa colaboración de grandes directores como William Gakill e John Dexter. Durante eses anos fixo numerosos papeis en obras do director Alan Ayckbourn.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Está considerado como un dos mellores actores do teatro británico aínda que tamén é un prolífico actor de cine e televisión. A causa do falecemento de Richard Harris no 2002, Michael Gambon foi convocado para encarnar ó mago Albus Dumbledore a pesar de que recoñeceu que non lera ningún dos libros da saga e que só tiña en conta os guións para a súa interpretación, xa que: "Non quería ser como eses actores que se queixan porque as súas escenas son máis curtas que na historia orixinal":

Gambon tamén compuxo ó director de Hogwarts cun leve acento irlandés que tanto el como o realizador consideran un tributo ó seu antecesor, que era orixinario de Irlanda.

Figura de cera de Michael Gambon como o personaxe de Albus Dumbledore.
AnoTítuloPersonaxeNotas
1965OthelloCompany
1973Nothing but the NightInspector Grant
1974The Beast Must DieJan Jarmokowski
1985Turtle DiaryGeorge Fairbairn
1988Paris by NightGerald Paige
Missing LinkNarrador (voz)
1989The Rachel PapersDoutor Knowd
Unha árida estación brancaMaxistrado
The Cook, the Thief, His Wife & Her LoverAlbert Spica
1991MobstersSalvatore Maranzano
1992ToysXeneral Leland Zevo
1994A Man of No ImportanceIvor J. Garney
Clean SlatePhilip Cornell
Squanto: A Warrior's TaleSir George
The Browning VersionDoutor Frobisher
1995Bullet to BeijingAlex
Two DeathsDaniel Pavenic
Nothing PersonalLeonard
Midnight in Saint PetersburgAlex
1996Mary ReillyMr. Reilly
The Innocent SleepDet. Insp. Matheson
1997The GamblerFiódor Dostoievski
The Wings of the DoveLionel Croy
1998Dancing at LughnasaPadre Jack Mundy
Plunkett & MacleaneLord Gibson
1999A Monkey's TaleMaster Martin (voz)
Dead on TimeMaurice
The InsiderThomas Sandefur
The Last SeptemberSir Richard Naylor
Sleepy HollowBaltus Van Tassel
2001Gosford ParkSir William McCordle
Charlotte GrayLevade
High Heels and Low LifesKerrigan
Christmas Carol: The MoviePantasma do Nadal (voz)
2002Ali G IndahousePrimeiro Ministro
2003Little Wolf's Book of BadnessTío Bigbad (voz)
The ActorsBarreller
Open RangeDenton Baxter
SylviaProfessor Thomas
Deep BlueNarradorDocumental
2004Standing Room OnlyLarry
Being JuliaJimmie Langton
Sky Captain and the World of TomorrowMorris Paley
Layer CakeEddie Temple
The Life Aquatic with Steve ZissouOseary Drakoulias
Harry Potter e o preso de AzkabanProfesor Albus Dumbledore
2005Harry Potter e o Cáliz de fogo
Stories of Lost Souls: "Standing Room Only"Larry
2006The OmenBugenhagen
The Good ShepherdDr. Fredericks
John Duffy's BrotherNarrador (voz)
Amazing GraceCharles Fox
2007The Good NightAlan Weigert
The BakerLeo
The AlpsNarradorDocumental
Harry Potter e a Orde do FénixProfesor Albus Dumbledore
2008Brideshead RevisitedLord Marchmain
2009Harry Potter e o misterio do príncipeProfesor Albus Dumbledore
Fantastic Mr. FoxFranklin Bean (voz)
2010The Book of EliGeorge
The King's SpeechXurxo V do Reino Unido
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)Profesor Albus DumbledoreCameo
2011Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)
2012QuartetCedric Livingstone
2014UnityNarradorDocumental
PaddingtonTío Pastuzo (voz)
2016Dad's ArmyGodfrey
Hail, Caesar!Narrador (voz)[8][9]
2017Viceroy's HousePug Ismay
Mad to Be NormalSydney Kotok
Victoria & AbdulLord Salisbury
Kingsman: The Golden CircleSir Giles / Arthur
Paddington 2Tío Pastuzo (voz)
2018The Last WitnessFrank Hamilton
King of ThievesBilly "The Fish" Lincoln
The Death & Life of John F. DonovanHome nun restaurante e narrador (voz)
Johnny English ataca outra vezAxente FiveCameo
2019JudyBernard Delfont
CordeliaMoses

Televisión

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloPersonaxeNotas
1967Much Ado About NothingWatchman No. 4Telefilme, BBC
Softly, SoftlyPete LucasEpisodio: Appointment in Wyvern
1967–1978Play of the MonthVarios personaxes5 episodios
1968Public EyeDescoñecidoEpisodio: "Have Mud, Will Throw"
1969Fraud SquadRex LucienEpisodio: "Last Exit to Leichstenstein"
1968–1970The BorderersGavin Ker26 episodios
1970ConfessionMr. TennentEpisodio: "People Who Visit Glass Houses"
1971Eyeless in GazaMark Staithes5 episodios
1972The ChallengersJohn Killane5 episodios
The Man OutsideRalph KenwardEpisodio: "Cuculus Canorus"
Softly, Softly: Task ForceCranleyEpisodio: "Welcome to the Club"
KateEdwardEpisodio: "A Fact of Life"
1973MenaceEllisEpisodio: "Judas Goat"
A Picture of Katherine MansfieldHarryEpisodio "#1.5"
Special BranchMullerEpisodio: "Hostage"
Arthur of the BritonsRolandEpisodio: "The Prisoner"
Six Days of JusticeMr. GoldingEpisodio: "Stranger in Paradise"
ITV Saturday Night TheatreIrmán KevinEpisodio: "Catholics"
Orson Welles Great MysteriesRolfeEpisodio: "An Affair of Honour"
1974ZodiacReuben KeiserEpisodio: "The Cool Aquarian"
MasqueradeStewartEpisodio: "May We Come In?"
1975The Secret AgentTom OssiponTelefilme, BBC
1976Centre PlayEdith HarrisonEpisodio: "In the Labyrinth"
1972–1976Play for TodayVarios personaxes3 episodios
1977ITV Sunday Night DramaVarios personaxes2 episodios
1978PremiereKennyEpisodio: "One of These Nights I'm Gonna Get an Early Day"
1977–1979The Other OneBrian Bryant13 episodios
1979Chalk and CheeseDescoñecidoDescoñecidos
1980Tales of the UnexpectedAndrewEpisodio: "The Umbrella Man"
1982ITV PlayhouseDescoñecidoEpisodio: "The Breadwinner"
La rondeDescoñecidoTelefilme, BBC
1985Absurd Person SingularGeoffrey JacksonTelefilme, BBC
OscarOscar WildeMiniserie de televisión
Tropical Moon Over DorkingBillTelefilme, BBC
1986The Singing DetectivePhilip Marlowe6 episodios
1987BergeracJarvis McLeodEpisodio: "Winner Takes All"
Theatre NightPastor MandersEpisodio: Ghosts
1988Mountain LanguageSarxentoTelefilme, BBC
1989The Heat of the DayHarrisonTelefilme
The Jim Henson HourUltragorgon (voz)Episodio: Monster Maker
About FaceTrevorEpisodio: "Searching for Señor Duende"
1990Blood Royal: William the ConquerorGuillerme I de InglaterraTelefilme
1991The Storyteller: Greek MythsO contacontos4 episodios
MinderTommy HanburyEpisodio: "Guess Who's Coming to Pinner?"
1992–1993MaigretComisario Maigret12 episodios
1993PerformanceArchie RiceEpisodio: "The Entertainer"
1994FaithPeter John MoretonMiniserie de televisión
1995The Wind in the WillowsBadger (voz)Telefilme
1996Expert WitnessPresentador / Narrador
Sansón e DalilaRei HanunMiniserie de televisión
1999Wives and DaughtersSquire HamleyMiniserie de televisión, BBC
2000LongitudeJohn HarrisonTelefilme, A&E
EndgameHammTelefilme, BBC
2001Perfect StrangersRaymondMiniserie de televisión, BBC
2002Path to WarLyndon B. JohnsonTelefilme, HBO
Top GearConvidadoSerie 1: episodio 8
2003The Lost PrinceEduardo VII do Reino UnidoTelefilme, BBC
Angels in AmericaPrior Walter AncestorMiniserie de televisión, HBO
2006Top GearConvidadoSerie 8: episodio 5
CelebrationLambertTelefilme
2007Joe's PalaceElliot GrahamTelefilme, BBC
CranfordMr. Holbrook2 episodios
2009Kröd Mändoon and the Flaming Sword of FireNarradorEpisodio: "Wench Trouble"
EmmaMr. WoodhouseMiniserie de televisión
2010Doutor Who Kazran / Elliot SardickEspecial de Nadal: "A Christmas Carol"[10]
2011Comic Relief: Uptown Downstairs AbbeyNarradorSen creditar
Page EightBenedict BaronTelefilme, PBS
2012LuckMichael "Mike" SmytheMiniserie, HBO
RestlessBaron MansfieldMiniserie, PBS
2013National Theatre Live: 50 Years On StageEl mesmoEspecial ao vivo; PBS
LucanJohn Burke (vello)Miniserie, ITV
2014QuirkeXuíz Garret Griffin3 episodios
CommonXuízTelefilme, BBC
On Angel WingsAvó (voz)Curtametraxe
2015The Casual VacancyHoward MollisonMiniserie, HBO[11]
2016Churchill's SecretWinston ChurchillTelefilme, PBS
The Hollow Crown: Henry VI, Part IMortimerMiniserie, BBC
2017FearlessSir Alastair McKinnonMiniserie, ITV
Little WomenMr. LaurenceMiniserie de televisión, PBS
2015–2019FortitudeHenry Tyson10 episodios

Videoxogos

[editar | editar a fonte]
DataTítuloPersonaxe (voz)
2003GhosthunterLord William Hawksmoor
2014The Elder Scrolls OnlineO profeta / Varen Aquilarios[12]
2015The Elder Scrolls Online: OrsiniumVaren Aquilarios
2017The Elder Scrolls Online: MorrowindO profeta
2018Harry Potter: Hogwarts MysteryProfesor Albus Dumbledore
2018The Elder Scrolls Online: SummersetO profeta
2019The Elder Scrolls Online: ElsweyrO profeta
2020The Elder Scrolls Online: GreymoorO profeta
2021The Elder Scrolls Online: BlackwoodO profeta
  1. I suppose I can't get away from it, I'm English, aren't I? Arquivado 06 de agosto de 2022 en Wayback Machine., theartsdesk Q&A: Actor Michael Gambon, 21 de decembro de 2020
  2. Clarke, Donald; Brady, Tara (13 de xuño de 2020). "The 50 greatest Irish film actors of all time – in order". The Irish Times. Consultado o 1 de xaneiro de 2022.
  3. "MICHAEL GAMBON BIOGRAPHY". Tiscali.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2019.
  4. "Man from Cabra all right on the Knight". The Irish Times. Consultado o 26 de decembro de 2019.
  5. "Michael Gambon Biography". filmreference. 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2009.
  6. Wills, Dominic. "Michael Gambon - Biography". TalkTalk Group. Consultado o 22 de xuño de 2010.
  7. "Surnames beginning with G". bexley.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016.
  8. Rothkopf, Joshua (3 de febreiro de 2016). "Hail, Caesar! [review]". Time Out New York. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
  9. Vishnevetsky, Ignatiy (4 de febreiro de 2016). "The Coens swipe at religion, counterculture, and Hollywood in Hail, Caesar!". The A.V. Club. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
  10. Dowell, Ben (12 de xullo de 2010). "Katherine Jenkins to star in Doctor Who Christmas special". The Guardian (Londres).
  11. Deans, Jason. "BBC adaptation of Casual Vacancy to star Michael Gambon". The Guardian.
  12. "Bethesda Teases Us With a Trailer For 'The Elder Scrolls Online'". MTV Multiplayer. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]