Emma Watson
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
Emma Watson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Emma Charlotte Duerre Watson |
Nacemento | 15 de abril de 1990 |
Lugar | Marais |
Nacionalidade | Reino Unido |
Etnia | Pobo inglés |
Educada en | Worcester College, Universidade Brown, Headington School e Dragon School |
Profesión | Actriz (2001-presente) |
Na rede | |
http://www.emmawatson.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Emma Charlotte Duerre Watson, nada o 15 de abril de 1990 en París, Francia, é unha actriz británica coñecida pola súa interpretación de Hermione Granger, unha das tres protagonistas da saga de filmes de Harry Potter, baseada nos libros de J. K. Rowling. Watson foi escollida para o papel de Hermione á idade de nove anos, aínda que daquela só participara en obras teatrais da escola. O seu traballo reportoulle diversos galardóns e beneficios por máis de 10 millóns de libras.
Dende o ano 2001 ó 2011 apareceu nas oito entregas de Harry Potter. No 2007 anunciou a súa colaboración en dous proxectos á marxe da serie de Harry Potter: a adaptación televisiva da novela Ballet Shoes e o filme de animación The Tale of Despereaux.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1999 comezaron os castings para Harry Potter e a pedra filosofal, a adaptación cinematográfica do supervendas homónimo da novelista inglesa J. K. Rowling. Os encargados do casting atoparon a Watson a través da súa profesora de teatro en Oxford e os produtores ficaron gratamente abraiados pola confianza en si mesma que tiña a rapaza. Tras oito audicións, o produtor David Heyman comunicoulles a Watson, Daniel Radcliffe e a Rupert Grint, que foran seleccionados para interpretar a Hermione Granger, Harry Potter e Ron Weasley, respectivamente. A autora da novela, Rowling, xa mostrara o seu apoio a Watson dende que viu a súa primeira proba.
O debut de Watson como Hermione Granger chegou en 2001, coa estrea de Harry Potter e a pedra filosofal, película que bateu récords de público durante a súa primeira fin de semana, sendo a produción máis exitosa dese ano. A crítica eloxiou, maioritariamente, o traballo da tríade protagonista, facendo fincapé na interpretación de Watson. O xornal inglés The Daily Telegraph describiu o seu traballo como «admirable», e IGN afirmou «fíxose dona da función». Watson foi nomeada a cinco premios polo seu traballo, acadando o Young Artist á Mellor interpretación xuvenil-Protagonista (Young Artist Award for Leading Young Actress).

Ó ano seguinte, Watson retomou o papel de Hermione en Harry Potter e a Cámara dos Segredos, a segunda entrega da serie. Aínda que o filme recibiu diversas críticas mixtas, en xeral, valorouse positivamente o traballo do elenco e Watson recibiu un premio Otto polo seu labor, outorgado pola revista alemá Die Welt.
En 2004 estreouse Harry Potter e o preso de Azkaban. Watson destacou a personaxe de Hermione nesta terceira entrega, que definiu como «carismático» e «un gran papel para interpretar». A pesar de que a crítica comezou a cuestionar o traballo do protagonista Daniel Radcliffe, Watson continuou recibindo críticas positivas; The New York Times eloxiou a súa interpretación, destacando que "afortunadamente o insípido traballo do señor Radcliffe queda compensado pola aguda impaciencia e rapidez da señorita Watson". Aínda que Harry Potter e o preso de Azkaban permanece, a xaneiro de 2008, como o filme con menos público da serie, representou o maior éxito de Watson, recibindo dous premios Otto e o premio á Actuación xuvenil do ano da revista Total Film (Child Performance of the Year).
Coa estrea en 2005 de Harry Potter e o Cáliz de fogo, tanto Watson como a serie superaron tódolos rexistros anteriores. A película bateu récords de público na súa primeira fin de semana, tanto en Estados Unidos como no Reino Unido. Nomeada en tres premios polo Cáliz de fogo, Watson foi galardoada cun Otto de bronce. No 2006 interpretou a Hermione en The Queen´s Handbag, un mini episodio especial de Harry Potter para celebrar o oitenta aniversario da raíña Sabela II.
A quinta entrega, Harry Potter e a Orde do Fénix, estreada en 2007, foi todo un éxito financeiro: estableceu a cifra récord, a nivel mundial, de $333,7 millóns na súa primeira fin de semana. Watson gañou o primeiro National Movie Award á mellor interpretación feminina e o premio á mellor actriz nos Nickelodeon Kids' Choice Awards. En xullo de 2007, Watson e os seus compañeiros Daniel Radcliffe e Rupert Grint, deixaron as pegadas das súas mans, pés e variñas fronte ó Grauman's Chinese Theatre en Hollywood.
Filmografía[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emma Watson ![]() |