Highlands
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Escocia | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 1.344 m | ||||
Punto máis alto | Ben Nevis (1.344,527 m) | ||||
As Highlands[1] ou Terras Altas Escocesas[Cómpre referencia] (Highlands en inglés, A' Ghàidhealtachd en gaélico escocés, Hielands en scots), é unha rexión montañosa do norte de Escocia. É unha área con baixa densidade de poboación, e cun relevo moi variado. O principal centro administrativo é Inverness.
Respecto da cultura, o trazo máis distintivo é a influencia celta na cultura, incluíndo o mantemento do gaélico escocés como a lingua materna dunha parte da poboación, e un maior predominio da actividade agrícola e gandeira, comparado co resto do país.
Durante os séculos XVIII e XIX miles de persoas foron desaloxadas e forzadas a emigrar ao sur ou a América e Australia. Produciuse cando o sistema feudal entrou en crise.
A unidade administrativa do condado denominado Highland soamente ocupa un 40% (aproximadamente) da rexión xenericamente denominada Highlands. O resto do territorio está repartido entre os condados de Aberdeenshire, Angus, Argyll e Bute, Moray, Perth e Kinross, e Stirling.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2.