David Bakhtiari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Bakhtiari
No. 69 Green Bay Packers
Posición:Offensive tackle
Información persoal
Nacemento:30 de setembro de 1991 (32 anos)
Lugar:California San Mateo, California
Altura:6 ft 4 in (1,93 m)
Peso:310 lb (141 kg)
Información da carreira
Instituto:San Mateo (CA) Junípero Serra
Universidade:Colorado
NFL Draft:2013 / Rolda: 4 / Pick: 109
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • 1× Pro Bowl (2016)
  • 1× Primeiro equipo All-Pro (2018)
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

David Afrisiab Bakhtiari, nado o 31 de maio de 1985 en San Mateo, California, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de offensive tackle para os Green Bay Packers da National Football League (NFL). Formado na Universidade de Colorado, foi elixido no Draft da NFL de 2013 no posto número 109 polos Packers. No ano 2017 foi seleccionado por primeira vez para o Pro Bowl.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en San Mateo, California, é fillo dunha familia de orixe iraniana e islandesa. O seu irmán máis vello xogou ao fútbol americano na liña defensiva da Universidade de San Diego e para os Tennessee Titans da National Football League (NFL). Aacudiu ao Instituto Junípero Serra da súa cidade natal, onde alén do fútbol americano xogou a lacrosse. Tras finalizar a etapa escolar, decidiu xogar para os Buffaloes da Universidade de Colorado, onde se matriculou en Comunicacións. Tras acabar a universidade, presentouse ao Draft da NFL, onde foi escollido na cuarta rolda polos Green Bay Packers. O seu bo rendimento co equipo de Wisconsin levouno a ser escollido entre os mellores da temporada 2016 ao ser seleccionado para a Pro Bowl, alén de ser incluído no segundo equipo ideal da temporada.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Pro Bowl (1): 2016
  • Segundo equipo All-Pro (1): 2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NFL announces 2017 Pro Bowl rosters". NFL.com (en inglés). 25-01-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]