Atrio (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Atrio etrusco

O atrio constituía na arquitectura romana o espazo central da gran casa romana coñecida como domus, tiña forma cuadrangular e constituía ao primeiro o núcleo central, era o lugar que daba luz á casa por medio dunha abertura no teito denominada compluvium, debaixo estaba o impluvium, unha especie de estanque rectangular deseñado para recoller a auga da chuvia. Posteriormente o atrio acabou por se converter nunha especie de patio interior pasando a ser o espazo central o tablinum. A súa orixe está nas casas etruscas e tras pasar á arquitectura paleocristiá deu orixe ao adro das igrexas cristiás.

Tipos[editar | editar a fonte]

Atrium (PSF).png
  • O atrium etrusco ou atrium tuscanicum constituía o tipo máis sinxelo e o máis antigo, de orixe etrusca carecía de columnas e o tellado descansaba en catro trabes.
  • O atrium tetrastylicum tiña catro columnas, cada unha nun recanto do impluvium
  • O atrium corinthicum era semellante ao anterior pero máis grande, con máis columnas e a maior distancia do impluvium
  • O atrium testudinatum carecía de compluvium, cubríndose todo o cuarto co tellado.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Atrio na Universidade de Lund