Benjamin Todd Roethlisberger Sr., alcumado Big Ben, nado o 2 de marzo de 1982 en Lima, Ohio, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano. Tras xogar a nivel universitario en Miami (Ohio) foi seleccionado no décimo primeiro posto do Draft polos Pittsburgh Steelers, onde xoga desde 2004 na posición de quarterback. É o xogador máis novo en gañar a Super Bowl como quarterback ao liderar os Steelers con 23 anos, no seu segundo ano como profesional, na vitoria por 21-10 ante os Settle Seahawks na super Bowl XL. Roethlisberger guiaría ao seu equipo a un segundo título grazas á vitoria por 27-23 ante os Arizona Cardinals na Super Bowl XLIII.