Clay Matthews III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clay Matthews III
Clay Matthews - December 25, 2011 2.jpg
No. 52 Green Bay Packers
Posición: Outside linebacker
Información persoal
Nacemento: 14 de maio de 1986 (31 anos)
Lugar: California Os Ánxeles, California
Altura: 6 ft 3 in (1.91 m)
Peso: 255 lb (116 kg)
Información da carreira
Instituto: Agoura (CA)
Universidade: USC
NFL Draft: 2009 / Rolda: 1 / Pick: 26
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XLV)
  • 6× Pro Bowl (2009–2012, 2014, 2015)
  • 1× Primeiro equipo All-Pro (2010)
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

William Clay Matthews III, nado o 14 de maio de 1986 nos Ánxeles, California, é un xogador estadounidense de fútbol americano profesional que xoga como outside linebacker para os Green Bay Packers da National Football League (NFL). Despois de ir ao Instituto Agoura en Agoura Hills, Matthews acudiu á Universidade do Sur de California (USC), onde xogou ao fútbol americano sen bolsa deportiva cos USC Trojans de Pete Carroll. Na USC, foi un destacado membro dos equipos especiais, gañando durante tres anos consecutivos o premio so Xogador do Ano dos equipos especiais (2006−2008); tamén xogou de outside linebacker suplente. Nesas posicións foi membro do equipo tres veces campión do Pac-10 Championship.

Matthews foi considerado como un dos xogadores con mellor expectativa no Draft da NFL de 2009. Finalmente, foi seleccionado polos Packers na primeira rolda (26º lugar), despois de que o equipo negociase para obter unha elección máis alta. No seu ano como novato, Matthews fixo un rexistro de 10 sacks mentres xogaba como outside linebacker. No ano 2010 superou a súa marca chgando aos 13,5 e axudando aos Packers a gañar a Super Bowl XLV ante os Pittsburgh Steelers. Tras o título, Matthews continuou co seu rol como líder no "pass rush", e facendo como mínimo 6 sacks por temporada. Nas temporadas 2014 e 2015 amosou a súa capacidade atlética xogando tanto como inside e outside linebacker.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]